Pois aquí está a nova e oitava entrega do Nx Music TV, un espazo de máxima atención ás bandas galegas que nesta ocasión nos achega unha entrevista con 6 p.m. onde nos falan da gravación do seu último videoclip así como dos seus próximos proxectos, unha entrevista coa banda de rock and roll de Pontevedra Sugar Mountain e, por último, o seguimento á gravación do primeiro disco dos gañadores do Nx Music 07, MisteriosoViajeHolanda, coas impresións dos seus integrantes.