Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 9 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
XXII Pontus Veteris: fin dun ciclo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Martes, 16 de Setembro do 2008

Pontus Veteris, a até hai uns meses única pasarela de moda galega, celebrará esta noite a súa XXII edición. Seis prestixiosas marcas amosarán as súas propostas para a próxima tempada Primavera-Verán nun evento que xuntará a unhas 2000 persoas e que será retransmitido pola TVG. Creada en 1997 coa intención de converterse nun escaparate da nosa industria téxtil e nun referente do deseño e a confección galega, Pontus Veteris espera pechar hoxe unha traxectoria xa consolidada para deixar paso a un proxecto moito máis ambicioso, SEIMOGA (Semana Internacional da Moda Galega), unha nova convocatoria que aspira a ser a cita obrigada para todos aqueles profesionais que queiran coñecer as últimas tendencias da moda galega e cuxa primeira edición está prevista para a vindeira primavera.

 
XX Pontus Veteris 

Organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, a Pasarela Pontus Veteris transformouse en 1999 ao trasladarse ao Recinto Feiral, onde se celebrou dende entón, ao tempo que empezaba a convocar as súas dúas citas anuais (en febreiro/marzo, amosando as tendencias outono-inverno, e en setembro, amosando as coleccións para a tempada de primavera-verán). Paralelamente, a Pasarela foi abríndose ao exterior, convocando a empresarios e prensa especializada doutros países na procura de novos mercados para o noso téxtil.

Quizais unha das súas asignaturas pendentes ten sido a promoción dos novos talentos da moda, o que desencadeou un agre cruce de acusacións entre Ricardo Mirón, Presidente da Cámara de Comercio, e representantes da plataforma de creadores Lo+Fashion impulsores o pasado mes de xuño na Coruña da primeira edición da Pasarela Torre de Hércules, presentada como 'unha alternativa aberta á Pasarela Pontus Veteris'.

SEIMOGA, o proxecto que presentara a Cámara de Pontevedra ao concurso aberto pola Xunta para crear unha gran pasarela internacional en Galicia (e que finalmente quedou deserto), debería de terse inaugurado este mes de setembro. Orzamentada en 350.000 euros, os seus impulsores contan xa con financiación pública do Concello de Pontevedra e privada da entidade financieira Caixanova namentres continúan negociando coa Deputación e coa Xunta. Nesta Semana Internacional da Moda Galega terán cabida coleccións para home, muller, infantil, punto, noiva, íntima e peletaría; ademais, deseñadores consagrados e creadores mozos coincidirán sobre a pasarela e en encontros profesionais. O colofón será a Pasarela Pontus Veteris, integrada na cuarta e última xornada de SEIMOGA. Finalmente, cada ano haberá un país convidado, co obxecto de que os seus profesionais presenten os seus traballos ao tempo que a súa industria coñece de primeira man o que se fai dentro das nosas fronteiras; o primeiro país convidado será Portugal, destinatario do 20% das exportacións de produtos textís galegos.

María Castro
 
Para esta fin de etapa, como xa é habitual na pasarela, a organización quixo contar cunha figura de gran proxección mediática, unha top model convidada que pechará cada un dos seis desfiles; nesta ocasión a elixida foi María Castro (Vigo, 1981), modelo e actriz  moi coñecida polo público galego polo seu papel na serie Pratos Combinados e que actualmente goza dunha gran popularidade en toda España pola súa personaxe de 'mala'  extremadamente cobizosa na famosa serie Sin tetas no hay paraíso. María Castro será a nova embaixadora da moda galega e da pasarela, tanto nos seus respectivos traballos como nas súas aparicións públicas, como no seu momento o foron Eva González, Juncal Rivero, Anne Igartiburu, María José Suárez, Estafanía Luyk, Vanessa Romero ou Inma del Moral.
 
Outros dezaoito mozos e mozas modelos participarán nun desfile cuxa escenografía foi creada polo coreógrafo Manuel Fernández e que recreará a Atlántida nun ambiente onírico no que se darán cita elementos que acentúen o surrealismo e a fantasía. Mon Santiso, un ano máis, será o encardo de presentar a gala. 
 
Montoto 
 
A marca Charoa adicará o seu desfile a Majanje Pardo Andrade, coordinadora do evento dende a súa fundación, cunha colección inspirada nela que amosará unha muller elegante, soñadora e enigmática cando se viste de azul turquesa, azul mariño ou azul noite; brillante cando aparece iluminada polos laranxas ou o rosa; e sedutora cando sorprende acompañada do blanco e o negro. Baixo o título El Arte de ser tú misma, os deseños dialogan cun dos poemas galegos de García Lorca (Madrigal á Cibdá de Santiago) e coas pinturas do artista Alfonso Costa, engadíndolles un valor que só a sensibilidade sabe medir.

A nova colección de Florentino, pola súa banda, inspírase no período de entreguerras con traxes que  mesturan a pegada deixada pola xastraría artesán con cortes limpos que conxugan o bo vestir e a liberdade de movementos. Unha colección para un home con sensibilidade que busca as súas raíces a través da moda sen renunciar a un toque de vangarda.

Montoto presentará unha colección estruturada en tres motivos: Fondo Mariño, que lembra en formas e cores a beleza das profundidades mariñas, integrada por unha infinidade de matices do azul; Xardín Botánico, que idealiza a natureza e tenta recuperar o seu colorido e sutileza; e A Vida en rosa, que rouba prendas do armario masculino para transformalas en delicados básicos femininos.
 
Pin-up 
 
Toypes convida a mergullarse no mundo das pin-ups, botando man do erotismo e do glamour como unha nova e provocativa forma de entender a moda. Estas modelos cuxas fotografías figuraban en almanaques, portadas de revista e publicidade, popularizáronse nos EEUU dos anos 40, e agora  son o eixo dunha colección cuxa prenda estrela é o vestido e cuxo protagonismo recae por igual nas mulleres fatais e nas lolitas
 
Mentres, María Mariño divide a súa proposta entre o branco, cor atemporal e sinónimo do elegante, feminino e tremendamente 'chic', e as cores impactantes como o rosa chicle ou os verdes e amarelos chamativos, así como momentos 'náuticos' nos que as raias mariñas son as protagonistas.

Finalmente, a firma ourensá Araujo presentará unha colección de pel para a primavera-verán 2009 con dous estilos perfectamente marcados: a sobredose de cor, contaxiada da arte urbana, e as siluetas desestruturadas que dan liberdade e comodidade ao movemento.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 16 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008