Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 41 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
Un lugar a onde ir PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Martes, 05 de Agosto do 2008
 
Estamos acostumándonos a escoitar e a ler alarmantes previsións derivadas do grave problema climático ao que se enfronta o mundo enteiro. Segundo estas teorías, o quentamento global provocará un notable aumento do nivel do mar ao longo deste século ameazando a miles de cidades costeiras. As teorías máis desacougantes vaticinan que, de acordo co principio de Arquímedes,  a fusión das capas de xeo da Antártida e Groenlandia, así como dos glaciares continentais, transferirá o seu volume aos océanos con consecuencias catastróficas.

Se nos detemos nas previsións do GIEC (Grupo Intergobernamental sobre a evolución do clima) o nivel dos océanos aumentará de 20 a 90 cm durante o século XXI (fronte aos 10 centímetros rexistrados ao longo do século XX). Un incremento da temperatura de conducirá a un aumento da auga de 1 metro con máis de 50 millóns de persoas afectadas de países en desenvolvemento.  Pero se ese incremento acadase os 2 metros, lugares coma Vietnam, Exipto, Bangladesh, Bahamas, Nova Iorq, Bombai, Calcuta, Shangai, Miami, Alexandría ... sufrirían importantes inundacións e os seus ecosistemas quedarían gravemente prexudicados provocando máis de 250 millóns de 'refuxiados climáticos'.

E aínda que outras opinións desminten os anteriores datos e insisten en que estes apocalípticos augurios pouco teñen que ver coa realidade, o certo é que en lugares como os Países Baixos ou os Emiratos Árabes estanse investindo cifras millonarias para reforzar diques ou construir terreos novos máis seguros. Fronte a eses proxectos, o xove arquitecto belga Vincent Callebaut presentou a súa propia resposta 'a longo prazo': unha cidade flotante denominada Lilypad, a Floating Ecopolis for Climate Refugees disposta a 'evacuar' a 50.000 refuxiados climáticos cando os desastres ecolóxicos obriguen ao ser humano a buscar solucións desesperadas para sobreviver. Unha 'ecópolis' anfibia e autosuficiente que podería permanecer ancorada fronte ás costas ou viaxar impulsada polas correntes mariñas.
 
 
O que presentou Callebaut, inspirándose no gran nenúfar acuático da Amazonia ou Victoria Regia e nas casas flotantes de Holanda , é un prototipo cuxo proxecto se pode visualizar na súa páxina web.
 
Trátase dun concepto de cidade autosustentable, metade acuática metade terrestre, que botaría man de todas as formas de enerxía renovable coñecidas (solar, eólica ... e por suposto maremotriz), ademais de sistemas de iluminación mediante LEDs e reciclaxe de residuos. Por se isto fose pouco, poderá procesar as súas emisións de carbono absorbéndoas cunha malla de dióxido de titanio que recobrirá a súa superficie de 500.000 metros cadrados.
 
Lilypad 

O proxecto, cun deseño arriscado e vangardista, parte dun concepto de urbe nómada e biotecnolóxica que desenvolvería a súa fauna e a súa flora arredor dunha lagoa central orixinada a partir da depuración da auga da chuvia. Contaría ademais con tres montañas, terreo para cultivos e tres peiraos para o comercio. As vivendas situaríanse en xardíns suspendidos, e  ao redor delas existiría unha rede de rúas e calexas que seguirían un esquema orgánico co obxectivo de crear unha convivencia harmoniosa entre o home e a natureza explorando novos xeitos de vida. Finalmente, a plataforma incluiría un espazo de paredes vidradas baixo a auga que acollería instalacións comerciais e de lecer. 
 
En realidade este proxecto está plantexado coma unha 'resposta inmediata' ao que se prevé para o ano 2100, partindo do informe do GIEC do que antes che falabamos, e Callebaut, ademais de obviar a maior parte dos detalles técnicos, nin sequera pretende estimar canto custaría.
 
Hai que apuntar que a proposta non deixou  indiferente a ninguén e namentres uns a califican como absolutamente irreal e digna da mellor ciencia ficción, outros sosteñen que lugares así se converterían en campos flotantes de refuxiados aloxando a persoas que o resto do mundo preferiría esquecer ou, no outro extremo, a una elite privilexiada. Callebaut tamén foi acusado de plaxio pola asombrosa similitude que garda Lilypad con Mermaid, do arquitecto danés Julien de Smedt, un 'resort de benestar' aboiante cun parque acuático no seu centro, unha forma moi similar e incluso tres cumes.
 
Lilypad 
 
Aínda que a imaxinación do home sempre soñou con colonizar os océanos, construir casas e estruturas flotantes, mesmo submarinas -como xa vimos en NovaXove -, é un dos grandes retos aos que se enfronta a arquitectura na actualidade. Ademais das casas flotantes de Holanda existen numerosos proxectos en período de xestación, entre eles a proposta dunha Nova Orleans post-Katrina con edificios que puidesen aboiar en caso de novas enchentes. Os defensores deste tipo de 'respostas' aos desastres medioambientais insisten na urxencia de atopar novas formas de aloxar aos 'emigrantes' do futuro, os refuxiados climáticos, e que ese será un dos desafíos máis importantes do século XXI.

Sen embargo, os defensores do medio ambiente tenden a desprezar proxectos coma Lilypad porque na súa opinión son fantasiosas distraccións que animan a pensar que poderíamos fuxir sen facer modificacións drásticas aos nosos estilos de vida. Así, segundo Ben Stewart, de Greenpeace <<A idea de que dalgún xeito podemos coller á humanidade, depositala e colocala sobre unha illa que é autosustentable, e polo tanto de que podemos seguir existindo tal como eramos, ben, digamos só que é profundamente pouco realista. Do que en realidade deberíamos estar falando é de tentar protexer a un planeta que é quen de manternos para sempre>>.

... ¿con cal destas dúas visións te identificas ti máis? 
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 05 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008