| Reinterpretando ós grandes creadores |
|
|
|
| Escrito por Iria | |
| Martes, 01 de Xullo do 2008 | |
|
O respeto ó pasado como motor de toda innovación e como enerxía creativa que proporciona solidez ó avance da Alta Costura, pero tamén á arte en xeral. Esta é a máxima que segue a exposición 20 iconos del siglo XX, unha mostra organizada polo Museo del Traje de Madrid, en colaboración coa Fundación Ars Nova e que achega ó visitante ós primeiros creadores da moda como Poiret, Fortuny, Chanel ou Balenciaga, pero a través da mirada de deseñadores actuais, nun exercicio de redefinición de grandes creacións.
![]() Reinterpretar conservando o espirito orixinal foi o exercicio que o comisario da exposición, Pedro Mansilla, propuxo a vinte deseñadores para crear "parellas predestinadas de onte e hoxe cun claro discurso expositivo". A revisión de Alianto do esmoquin feminino de Yves Saint-Laurent, a adaptación de Aghata Ruiz de la Prada do vestido de cota de malla de Paco Rabanne, ou a reintrepretación da minifalda de Mary Quant, segundo o patrón de Alma Aguilar son algunhas das propostas desta orixinal exposición. ![]() Modesto Lomba, Jesús del Pozo, Antonio Pernas, David Delfín, Francis Montesinos, Angel Schlesser, Amaya Arzuaga, Fernando Lemoniez, Juan Duyos, Kina Fernández, Locking Smoking, Roberto Verino, Carmen March, Juanjo Oliva, Ion Friz, Miriam Ocariz, Miguel Palacio, e os xa nomeados Alianto, Aghata Ruiz de la Prada e Alma Aguilar son os encargados de reinterpretar e homenaxear a creadores que son un referente para calqueira artista moderno, plantexando unha reflexión para que os deseñadores actuais reparen nas súas propias orixes e os recoñezan como fonte de inspiración e creación, ó tempo que ofrece ó espectador un percorrido pola historia da Alta Costura. 20 iconos del siglo XX inclúe a modo de referencia e como discurso paralelo, imaxes dos deseños versionados por estes autores, sorprendendo o vestido corto de André Courreges convertido nun traxe trapecio con bolsillos de vinilo, realizado por Miguel Palacio, ou o corpiño torpedo de Jean Paul Gaultier presidindo unha camisola branca de Juan Duyos. Xunto a estas imaxes, exhíbense outras de Harold Canizales, nas que aparecen representadas as vinte pezas maestras da historia da moda. Este conxunto de ilustracións non só cumpren unha función referencial e de apoio, senón que tamén teñen por elas mesmas entidade suficiente para guiar ó espectador nun paseo do que é a historia da Alta Costura, expresada a través dos seus momentos máis esenciais. É por todo isto, que a exposición presenta un exercicio de reflexión para todos os amantes da moda. A mostra poderase comtemplar ata o 31 de agosto no Museo del Traje. Aberto ó público en marzo de 2004, este centro é unha institución que comezou a súa andadura en 1925 como a Exposición del Traje Regional e Histórico e que, actualmente, ofrece un percorrido por toda a historia da indumentaria, dende pezas arqueolóxicas a ropas actuais, compretada con amplia información audiovisual. Ademais de 20 iconos del siglo XX, o Museo del Traje exhibe, por primeira vez en España as fotografías orixinais que Edward Steichen realizou para as revistas Vogue e Vanity Fair, na mostra Edward Steichen. Fotografía de moda, que permanecerá aberta ata o 21 de setembro. Durante os quince anos que traballou para a editorial Condé Nast, Steichen retratou a cultura contemporánea no ámbito da literatura, o xornalismo, o deporte, o cine e a Alta Costura, fotografiando a grandes estrelas do momento como Greta Garbo ou Gary Cooper e soubo reflectir a moda daqueles anos, así como ós seus protagonistas. Dúas viaxes para coñecer en profundidade os avances da Alta Costura dende os seus primeiros creadores ata os nosos días. Podes atopar máis información na web do Museo del Traje. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 132 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Martes, 01 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

















0 comentarios






















