Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 5 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
O segundo primeiro coello comunicante PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Martes, 12 de Agosto do 2008
 
Nabaztag significa 'coello' en armenio, a lingua natal do seu creador, Rafi Haladjian. Lanzado pola compañía francesa Violet en 2005, revolucionou o mercado até converterse nun auténtico fetiche tecnolóxico, un 'xoguete' tan simpático coma versátil que baixo unha aparencia inofensiva e näif abría novas posibilidades na era da comunicación a través dos obxectos. Lonxe, moi lonxe xa, de aquelas primeiras bonecas que falaban, Nabaztag inaugurou unha nova xeración de mascotas interactivas, distanciándose do célebre Tamagotchi e do AIBO de Sony.

Agora, o coello Wi-Fi volta con importantes novidades con respecto á súa versión orixinal, e con posibilidades practicamente ilimitadas ... se hoxe en día todo é posible a través de internet, todo é posible cun coello cuxo cordón umbilical é inalámbrico, un compañeiro de fatigas que vive a súa prácida vida mentres rastrexa a rede constantemente para proporcionarche todo tipo de servizos e realizar aquelas misións que lle teñas encomendado. Nabaztag aliméntase de Internet e, como esta non ten barreiras, non hai límite para o que pode facer ou para o que poderá facer no futuro.

E é que os teus desexos serán ordes para Nabaztag, aínda que, coidado, non se trata exactamente dun servo carente de vontade ... ocasionalmente sentirá a necesidade de expresar as súas propias opinións ou practicar Tai Chi.
 

¿É un sintonizador Wi-Fi? ¿Unha radio? ¿Un reloxo espertador? ... Nabaztag é todo isto e moito máis, a Nabaztag sóbranlle aplicacións <<Mido 23 cm, movo as orellas, canto, falo e o meu corpo ilumínase e latexa con centos de cores. Grazas ao Wi-Fi, estou conectado permanentemente a Internet.. Eu serei  o teu  acompañante persoal. Eu indicareiche por exemplo que tempo vai ir mañá, os problemas de tráfico ou se o IBEX35 baixa ou sube. Todo isto podo facelo discretamente con cores ou movementos de orellas. Pero tamén o podo facer por medio de música ou de palabras.

Pero iso non é todo... grazas a min, os teus amigos van poder comunicarse contigo dunha maneira inédita: por Internet, por SMS, por teléfono ou por mail, eles poderán enviarche mensaxes, música,  arquivos MP3 ou moito máis que eu che repetirei ou lerei, que eu che cantarei ou bailarei. Os teus amigos deixarán de estar agochados no fondo do teu ordenador ou do teu teléfono para tomar corpo na túa casa baixo a digna forma dun coello. E aínda hai máis... a era dos obxectos intelixentes apenas acaba de comezar, ti poderás descubrir e inventar cada día novas funcións útiles, fútiles ou sutiles
>>

Nabaztag 

Efectivamente, Nabaztag explicouse á perfección: entre as súas múltiples funcións o coello ofrece información continua do estado do tempo, tráfico, bolsa, calidade do aire ..., é espertador, radio, reloxo parlante ou alerta de mails; é ademais un eficaz mensaxeiro que pode ler os teus SMS, correos electrónicos ou mensaxes vocais cun impresionante despregue de medios, movendo as súas orellas, cantando e iluminando a súa barriga. Le novas en tempo real dende calquera web (RSS), le textos en voz alta en 16 idiomas, español incluído; pestanexa, move as orellas, canta as túas cancións favoritas e lanza comentarios ocorrentes se o configuraches para sorprenderte.

Pero as dúas novidades máis deslumbrantes da nova versión, o Nabaztag/tag, son un sistema de recoñecemento de voz e un lector RFID (identificación por radiofrecuencia). Mediante o sistema de recoñecemento de voz, e a través dun micrófono a xeito de embigo, podemos preguntar e solicitar cousas ao noso coello ou enviar mensaxes vocais a outros Nabaztag de familiares ou amigos; serve tamén para recoñecer a nosa presenza, o que fai calar ao Nabaztag/tag cando non hai ningunha actividade no cuarto onde se atopa. O lector RFID, pola súa banda, emprega unha tecnoloxía pioneira inaugurada en decembro do ano pasado e converte á nosa mascota Wi-Fi nun olfacteador nato: mediante etiquetas Rfid detecta e reacciona ante a presenza de determinados obxectos  (o móbil, as chaves, a carteira ...), unha función especialmente útil para os máis despistados. Baseándose nesta tecnoloxía, Violet e a editorial Gallimard quitaron recentemente ao mercado o primeiro libro que incorpora un chip Rfid e que Nabaztag sabe identificar e ler.

Nabaztag 

Nabaztag/tag reproduce practicamente calquera contido dispoñible na web, fálao, cántao, represéntao e até o baila. Conéctase mediante un dispositivo Wi-Fi, pero non é un aparello dependente do ordenador, xa que está permanentemente conectado, vive na rede, mesmo cando o ordenador está apagado. Case todas as súas funcións son personalizables na página web da comunidade Nabaztag, onde debemos rexistralo, bautizalo, elixir o seu sexo e a súa 'personalidade'. Ten dúas opcións de funcionamento: unha de balde e a outra de pago; a suscrición permite o envío ilimitado de mensaxes e recibir os RSS de calquera web, mentres que na versión básica ambas as dúas características están restrinxidas.

Pero o máis interesante é a posibilidade de xerar as túas propias aplicacións (API), programando e activando o coello a través dun servizo externo e compartindo eses contidos orixinais coa comunidade. É o mundo dos Nabcasts, canles temáticas creadas por Nabaznautas con xogos, poesía, efectos de son, humor, música ... que facilitan a interacción entre Nabaztags ... pois os Nabaztags relaciónanse entre si chatean e comparten todo tipo de información... Velaquí dous Nabaztags bailando e imitando unha das secuencias máis famosas de Pulp Fiction:

E se o que che preocupa é a aparencia externa do teu coello, Violet tamén pensou niso, e lanzou máis dunha ducia de orellas que podes mercar a parte para mudar o seu estilo. Mais se iso non é suficiente para ti, aínda  existe una terceira versión, unha edición limitada: o Nabaztag by André, unha auténtica icona pop creada polo artista parisino André ... iso si, o prezo é case o triple.

Nabaztag by André

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 12 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008