|
Chumby. Así en seco seguro que este nome deixache indiferente. Pero... e se che decimos que é un aparato de baixo coste, que pode conectarse a internet vía wi-fi e que lle podes instalar cantas funcionalidades se che ocorran, ¿a que xa che empeza a interesar? En 2006, uns hackers decidiron crear un producto diferente e de aí naceu Chumby. Este aparato semella un espertador, pero en realidade é un microordenador que se presenta dentro dunha funda acolchada e con pantalla táctil. Dispón de 64 Mb de RAM e outros tantos de memoria Flash e case non abulta.
O funcionamiento do Chumby é sinxelo. O dispositivo está controlado por Linux, cun interfaz gráfico própio e que se conecta mediante rede inalámbrica, aínda que consta de dous portos USB que permiten conectar dispositivos para descargar música ou imaxes. Este gadget, por defecto, non incorpora máis cun reloxo, función de alarma e un reproductor de música, ós que a posteriori se lles pode engadir aplicacións realizadas en Flash Lite 3, que se poden atopar na páxina web deste producto. 
Entre os widgets que se poden incorporar a este dispositivo casi inclasificable, atópanse os reloxos, dos que hai ata 27 modelos distintos, dende analóxicos a digitais ou incluso un reloxo de cuco que cada cuarto de hora marca o tiempo. En Chumby tamén podemos consultar o tiempo, gracias ó Weather ; ler as novas de forma automática, mediante Google News e de blogs que mostran as últimas entradas publicadas; manternos ó día das mensaxes enviadas polos nosos contactos mediante Twitter ou ver fotos, a través das funcionalidades de Flickr ou Facebook. Aínda que o producto comenzouse a comercializar en 2007, non foi ata febreiro deste ano cando se realizou unha actualización do sistema que introduce unha serie de melloras, polo que na versión 1.0, simplificáronse os menús e se poden personalizar as alarmas. Escoitar música e, por suposto xogar, son outras das posibilidades que ofrece este dispositivo. Os xogos son sinxelos, están realizados en flash e utilizan o acelerómetro que leva instalado o Chumby. A lista de widgets para incorporar a este dispositivo vaise ampliando pouco a pouco e, se ademáis tés coñecementos de Flash Lite 3, ti mesmo podes crear aplicacións. Pero non todo son vantaxes, a movilidade deste dispositivo é limitada e, aínda que pode funcionar a pilas, non ten batería e é necesario que esté conectado á corrente. Polo momento, aínda que esperemos que chegue a máis países en breve, Chumby só se comercializa nos Estados Unidos a un precio duns 150 euros, cunha presentación exquisita e cun conxunto de colgantes para poder personalizalo. Se te interesa este producto terás que esperar a adquirilo, pero podes consultar todos os seus avances e ver máis imaxes nas seguintes páxinas webs: Página oficial de Chumby Xakata TechCrunch Flickr
|
quizás en una nueva versión mejorada...