Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 20 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
As redes sociais da moda PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Martes, 22 de Xullo do 2008

Aínda que a moda é de interese en internet dende hai tempo, tamén é unha das industrias que máis tarde chegou á rede e máis tardou en 'democratizar' os seus contidos, normalmente pechados nunha brillante e inaccesible burbulla. Sen embargo, a fórmula rede social + moda  calou fondo nos últimos meses con numerosas iniciativas que se multiplican e apostan por impulsar looks alternativos á marxe das tendendias imperantes, e sobre todo por promocionar a creadores, modelos, e distintos profesionais mozos do sector que buscan un oco nesta competitiva industria a través do inigualable poder de convocatoria destas plataformas.

Mención aparte  merece a vertente vencellada á moda urbana ou street fashion, dirixida a difundir os estilismos máis interesantes que se poden ver nas nosas rúas a través das propostas de xente anónima, e que se converteu, nunca mellor dito, na última moda en internet.

Se faltaban comunidades dispostas a sacar partido das interesantes oportunidades do mundo da moda, parece que esta carencia atopou saída nas redes de blogs, e sobre todo un espazo á medida das necesidades dos emprendedores mozos. Hai pouco falámosche de Threadless, un exemplo perfecto, hoxe achegámosche outras iniciativas. 

Fashionspace 

O pasado mes de outubro, e inspirándose na exitosa experiencia de Myspace, a moza londinense Holly Bellm creou Fashionspace, un portal que xunta a profesionais da moda de todas as áreas, e que non deixou de medrar nos últimos seis meses até acadar 800.000 visitas ao mes dende máis de 120 países. <<Todo o mundo quere ser individual. Ninguén quere usar a roupa dunha marca estendida>>, afirma Bellm, de 23 anos e graduada en moda <<Isto é case coma o mercado de Portobello, podes atopar cousas estrañas que ninguén máis ten>>.

Modelos, deseñadores, xornalistas, estilistas, fotógrafos ... cruzan as súas ideas, comentan novas, comparten ideas ou intercambian roupa de segunda man. Con máis de 20.000 membros, o sitio web ofrece información sobre as novas tendencias e novidades do mundo da moda, e conta cunha tenda on-line e unha axenda de eventos entre outras seccións. Ademais ofrece a posibilidade de crear un espazo propio, unirse a diferentes grupos, e mercar e vender deseños orixinais (iso si, Fashionspace queda cunha comisión do 10%). A finalidade é proporcionar unha plataforma para que os profesionais mozos entren no mercado, intercambien ideas e difundan os seus traballos.

O sitio exhibe fotografías de modelos cos deseños máis vendidos, e a maioría dos seus membros son estudantes de moda de entre 15 e 25 anos que usan a web para mercar e intercambiar roupa. De momento, marcas establecidas no mercado, como La Senza (unha marca de lencería británica), xa se comunicaron con Bellm para crear os seus perfís corporativos e contactar con valores emerxentes. 

Image 

Sen dúbida é esta unha fórmula próspera que garantiu o éxito de iniciativas semellantes coma Lexposure, a primeira rede social adicada exclusivamente ao mundo da moda. Lanzada en Berlín, trátase así mesmo dunha plataforma para conectar aos distintos profesionais involucrados neste ámbito: modelos, produtores, creativos publicitarios, fotógrafos, representantes ... A web inclúe coleccións de fotos de desfiles, campañas publicitarias, álbums de festas e eventos e books de modelos.

Outro exemplo é Iqons, unha rede social para promocionar creativos mozos e modelos lanzada polos deseñadores Vivienne Westwood e John Galliano na Semana da Moda de Londres de 2007. De novo, o seu obxectivo principal é 'interconectar a toda a fauna da moda' e, coma nos casos anteriores, permite aos seus membros amosar o seu traballo a través de álbums online.

Dende EEUU, e cun enfoque diferente, púxose en marcha Coolspotters, cuxo obxectivo é ensinar como visten os famosos, coñecer as marcas que usan e crear así unha gran base de datos para consulta de usuarios e empresas.
 
 
Outra rede social centrada no mundo da moda é Chictopia, pero a diferencia de todas as anteriores, que se dirixen ao ámbito profesional, aquí o que vemos son modelos e estilismos anónimos que circulan todos os días polas rúas das nosas cidades. A idea é crear unha comunidade onde cada membro poida buscar e encontrar o seu look perfecto contactando con outros usuarios da súa mesma constitución física, idade ou cor de pel, que lle axuden a decidir sobre o seu vestuario.

Coa mesma perspectiva funciona a páxina española Modeate, unha rede social na que cada usuario pode compartir co resto de usuarios o seu estilo subindo á rede a súa imaxe e descrición.
 
Image 

Pero se hai dúas webs pioneiras en dar o protagonismo á moda urbana, esas son Viste la Calle, onde se amosan os diferentes estilos que se ven diariamente en Santiago de Chile, e Trendycrew, que fai o propio en Barcelona. En ambos os dous casos, os seus fotógrafos saen á rúa e retratan a persoas que visten de forma interesante, preguntándolles onde mercaron cada unha das prendas que levan postas, unha información que despois poderán ler os usuarios da páxina que se interesasen por ese look en particular.

... Así que xa o sabes, se cres que podes marcar moda tes á túa disposición un bo abano de lugares virtuais nos que 'lucir palmito' ...

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 22 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008