Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 12 h, 28 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Arte e parte PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Martes, 19 de Agosto do 2008
 
Hai un artista mozo alemán que partindo da net art, o deseño, a comunicación visual e as intervencións 'mediáticas mínimas' en pequenos espazos públicos, está deslumbrando coas súas orixinais propostas a medio mundo. O axitador chámase Markus Kison e dende Berlín, o seu 'centro de operacións', deu a coñecer o seu traballo empregando a rede non só como medio de transmisión, senón como un dos seus obxectos fundamentais de creación e reflexión.

Hai pouco falámosche do seu último proxecto, Pulse (Pulso), onde un corazón 'seco' e artificial latexa recollendo as emocións que se producen, en directo, na blogosfera. Pulse é ademais o seu traballo de tese para Medios Dixitais na Universidade de Arte de Berlín, onde se graduou con diploma o pasado mes de maio. Pero Kison tamén é responsable de obxectos tan fascinantes e 'provocadores' como un crucifixo e un burka electrónicos, de divertidas bromas coma o gadget-anel Vanity Ring ou de instalacións que fusionan a tecnoloxía de última xeración coa memoria histórica, trasladando ao espectador a través da 'vibración ósea' a un dos bombardeos máis terribles da Segunda Guerra Mundial.

Kison utiliza todo tipo de plataformas e materiais, dende unha polaroid até a animación en 3D, a tecnoloxía flash ou o streaming para comunicar aquelo que considera oportuno, tomando o 'pulso' axeitado á nosa sociedade, que é arte e parte dun universo creativo lúdico, conmovedor, hipnótico, estraño ou arrepiante.
 
 

En Kross Ticker Kison presenta un crucifixo cunha conexión a internet sen cables onde a inscrición INRI está acompañada do valor, a tempo real, das accións en bolsa do Vaticano. A pantalla é quen de ofrecer, ademais, outro tipo de informacións como a temperatura das principais capitais do mundo. Na mesma liña, seguramente afastada do 'gusto' dos altos estamentos eclesiásticos, sitúase Crucifixion, unha instalación multimedia que bota man de novo da base da cruz, rodeada de velas e de flores, e sobre cuxo reflexo no chan se distingue a un grupo de persoas durante a morte de Xesús de Nazareth.

Charming Burka 

En Seamless 2008, un evento de moda e deseño que se celebra anualmente en Boston, causou sensación con Charming Burka, un burka provisto dun emisor bluetooth que permite ás mulleres que o visten comunicarse con calquera teléfono ou dispositivo móbil que conte con esta tecnoloxía e se atope no seu radio de acción, enviando a súa imaxe oculta, un vídeo ou unha mensaxe. E aínda que é un burka ideado para rebelarse a si mesmo, Kison manifestou que no atenta contra as leis islámicas porque estas non contemplan a 'imaxe virtual' entre os seus supostos, unha lagoa que, de seguro, se este tipo de burka chegase a distribuirse, axiña sería 'abordada'. En calquera caso, a tecnoloxía desta prenda está avaliada polo prestixioso MIT, Massachusetts Institute of Technology.
 
Vanity Ring 

Os aneis sempre foron un símbolo do status e da vaidade de quen os porta, o seu valor ou o tamaño da pedra engarzada adoita ser paralelo á posición social do propietario/a, ou máis ben do lugar ao que aspira. Pois ben, Markus Kison deseñou un anel que, segundo o seu parecer, 'marca' o status realmente imperante nos nosos tempos: o seu Vanity Ring non ten pedra algunha, senón unha mini-pantalla LCD  co 'status' en Google do seu propietario, é dicir, os resultados que rexistra o seu nome no buscador. Pretencioso, lúdico e irónico, canto maior sexa o número que marque o anel, maior será a suposta popularidade e 'importancia' do seu portador na nosa sociedade. A 'xoia' conta cun software propio para o seu funcionamento e para actualizar a súa información, o número de entradas en Google, pero, por se che interesa facerte con un, de momento só se trata dun prototipo non listo para a produción en serie.

  
 
Cun maior calado, Touched Echo proxectou definitivamente o nome do artista alemán a nivel internacional. A proposta, minimalista e a primeira vista desapercibida, é en realidade un turbio exercicio de memoria histórica que se mete nos ósos coa mesma precisión que a humidade, só que moito máis ruidosamente. Na varanda da  emblemática Terraza Brühl, na cidade alemá de Desdre, Kison disimulou uns transmisores de son que só funcionan se os que se achegan a gozar da fermosa panorámica sobre o río Elba apoian os seus cóbados no metal e tapan os oídos. Entón, o son da destrución condúcese a través dos seus ósos até o oído interno, transformando a bela estampa noutra cousa moi diferente.

Os sons son os do bombardeo que o 13 de febreiro de 1945 sofreu a cidade saxoa, os dos  B-25 ingleses e nortemaericanos soltando a súa mortífera carga nun dos episodios máis escuros da Segunda Guerra Mundial. Decenas de miles de persoas faleceron aquel día, e Desdre transformouse nunha morea de escombros. Kison pretende, a través da denominada vibración ósea, que o paseante se coloque na pel da xente á que esa noite se lle romperon os tímpanos coas explosións.
 
   

Finalmente, a súa última proposta é unha instalación artística  pero é tamén unha plataforma de observación. Rastrexa, detecta e clasifica as emocións que se producen na rede para amosar a súa 'actualidade emocional'. Pulse: An Emotion Visualization Organism, representa 'en vivo' as emocións que transmiten as bitácoras persoais de Blogger.com. As diversas expresións emocionais que recollen estes blogs son analizadas e catalogadas de acordo a unha listaxe de sinónimos para transformalas nun obxecto físico que representa un corazón e que se denomina sapeshifting.

Baseándose na Teoría psicoevolutiva da emoción de Robert Plutchik, quen propuxo en 1980 que as emocións se poden clasificar en oito categorías puras (temor, sorpresa, tristura, disgusto, ira, esperanza, ledicia e aceptación) e que todo o resto das emocións están formadas pola combinación destas emocións básicas, Pulse visualiza 'en directo' as expresións emocionais dos blogs. Cada vez que unha emoción sinónima ás descritas por Plutchik aparece nunha entrada de blog escrita durante o último minuto, o corazón ou shapeshifting transforma o seu volume na área reservada a esta emoción.
 
Pulse 
 
Trátase, en definitiva, dun “corazón de blogs” que latexa de acordo ás emocións expresadas polos blogueiros. Unha mestura marabillosa de elementos tan aparentemente incompatibles como son a beleza, a representación de datos e as novas tecnoloxías.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 19 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008