close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Arte e fetichismo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Luns, 12 de Maio do 2008

<<Hace unas décadas nos llegó la invasión manga proveniente de Asia, y aquello no sólo era una cuestión estética limitada al cómic, era un movimiento cultural que reunía de modo inexplicable mucha de las problemáticas e inquietudes del mundo en aquella época. Ahora, por los mismos conductos, nos llegan los Art toys -éste es su nombre correcto-, y descubrimos en ellos, si sabemos usar el fonendoscopio adecuado, el pulso vertiginoso del siglo XXI>> Sema D´Acosta, lafresa- revista digital de arte contemporáneo

Arte, moda, consumismo, coleccionismo, capricho, movemento cultural, escultura, xoguetería ... o fenómeno dos Art Toy ou Designer Toys, no que compañías e artistas empregan o formato dun boneco coma soporte artístico, deixou de ser unha manifestación cultural underground restrinxida a ámbitos minorizados  -coma no seu momento o foi o cómic ou o graffiti- para empezar a facerse un oco propio na arte contemporánea -conseguindo unha certa presenza en galerías, revistas, libros ou webs especializadas- pero tamén e sobre todo no mercado.

 

A Art Toy ofrece ao artista un soporte tridimensional  no que sacar partido aos volumes a través dun boneco que, a xeito de lenzo, cada artista deseña co estilo e debuxo co que será fabricado posteriormente. Nace en Xapón a mediados dos anos 90, onde os artistas Michael Lau, Eric So ou Jason Siu, considerados os precursores, comezan a crear sobre bonecos de plástico, fundamentalmente vinilo, de tamaño variable e estrutura oca; estes primeiros experimentos utilizaban corpos de bonecos populares, como os G.I. Joe ou o noivo da Barbie (Ken) que customizaban con intención irónica e reflectindo modas urbanas.

Os primeiros resultados desta idea non tardaron en ser un éxito para a compañía xaponesa Medicom, que sentou un precedente para outras empresas en todo o mundo. Unha delas, Toy'2'R, decidiu pór á venda 'bonecos plataforma', versións en branco dos seus bonecos, tamén chamados DIY (Do it yourself :faino ti mesmo), co fin de que cada comprador puidese pintalos ou 'customizarlos' ao seu gosto, abrindo unha nova e produtiva fenda nun mercado que sen dúbida cotiza á alza .

She Rules

Mestura de arte e fetichismo, numerosos representantes das máis diversas disciplinas artísticas -ilustradores de cómic, pintores, deseñadores de moda, artistas urbanos, skaters, músicos ... - rendéronse a este soporte, que nos últimos anos invadiu definitivamente Europa e EE.UU, e asimaron e máis puxeron en circulación os seus propios Art Toys. O mesmo ocorreu con diversas  marcas comerciais, coma Nike, Levi´s ou Opel, que optaron por encargar os seus propios bonecos personalizados para vencellalos aos seus produtos, coma os afamados C’mon! do anuncio de Opel, obra de Boris Hoppek, un artista-graffiteiro-creativo berlinés instalado en Barcelona que cose a man cada un dos seus bimbosculptures . En definitiva, unha nova vía de expresión artística que puxeron de moda deseñadores e grafistas e que chegou ao gran público a través da publicidade, converténdose en toda unha tendencia a nivel mundial.

En España foron as tendas de comics e librarías de deseño gráfico as primeiras en introducilos e, de paso, expulsalos dos reducidos círculos da 'contracultura', cando só podían adquirirse en determinadas tendas especializadas. Hoxe en día deseñadores del todo o mundo aportan as súas creacións para que as produtoras as comercialicen e existen Art Toys á medida de todos os gostos e economías. Finalmente, o gran escaparate da televisión e a forza das campañas publicitarias remataron por  'democratizar' o fenómeno, pasando de ser un movemento emerxente a converterse nunha auténtica febre.

Image

Baixo a etiqueta  de arte 'anti-elitista' , de signo lúdico e estreitamente relacionada coa cultura urbana, a industria dos Art Toys evolucionou tanto en soportes coma en formatos de presentación. Podemos atopalos en plástico, vinyl, papel (tamén chamados paper toys) e plush (de peluxe).En canto á súa presentación, existen os xa nomeados DIY -que contan cunha extensa nómina de modelos ou 'plataformas', coma os dunnys, os labits ou os munnys- e os “blind box” ou 'caixas pechadas', onde non se ve o contido, é dicir, é unha compra a cegas. Tamén podemos ver a miúdo as edicións limitadas, que se esgotan inmediatamente, comercializándose despois en foros especializados: bonecos deseñados por artistas, moitos deles de renome, con tiraxes limitadas e dirixidos a coleccionistas ... sobra dicir que os prezos destas pezas de culto poden chegar a ser verdadeiramente escandalosos.

Liberty Turn 

Adrián López (A Coruña, 1975) é un dos máximos impulsores da Toy Art en España; ademais de ser o fundador do primeiro foro en español especializado, solosontoys, organizou xunto a Ismael Contreras, da cadea de tendas Generación X, e Nico, responsable do weblog francés de tendencias urbanas Guillotine,  a 1ª gran retrospectiva sobre o xénero en España, Son solo toys, amosando en Madrid  máis de 150 pezas de algúns dos mellores e máis recoñecidos artistas do movemento coma Kaws, Gary Baseman, Tim Biskup, Sam Flores, Pete Fowler, Joe Ledbetter... Era a primeira ocasión na que os afeccionados españois tiñan a oportunidade de ver  algunhas rarezas de edición limitada que hoxe acandan prezos abraiantes nun mercado sustentado, sobre todo, por páxinas de subastas coma eBay.

Pero ademais comisariou a exposición itinerante Art Toys 20/20, onde a un grupo de 20 artistas de diferentes ámbitos (cómic, moda, ilustración, graffiti, pintura, deseño…) se lles propuxo crear, modificar e personalizar o seu propio toy, a partir dun mesmo boneco base ou plataforma (o modelo Munny, de 18 cm. de tamaño, fabricado por Kid Robot). Adrián López xestiona, así mesmo, a única tenda de Art Toys que podemos atopar na cidade da Coruña, Antaruxa, situada na rúa Comandante Fontanes.

E postos a personalizar, nada máis persoal que un Art Toy coa túa cara ... en MUMUCAT , a partir dunha foto e por un prezo que se sitúa entre os 30 €. e os 60 €., podes converterte nun Art Toy, ou converter a quen desexes, pois publicítano coma o mellor e máis orixinal agasallo de cumpreanos ...

Comentarios (1)Add Comment
Dous pequenos fallos.
escrito por A tenda Antaruxa, Xuño 05, 2008
Unha reportaxe estupenda, esta ben que se faga publicidade do maravilloso mundo dos toyz, e bastante conciso e acertado, gustanos ademais que se mencione a nosa tenda (Antaruxa) o unico que temos que dicir son duas cousas, a primeira e que aunque coñecemos a encomiable labor de Adrian López dicir que este non ten nada que ver coa tenda, a segunda e que a tenda esta na rua Cordeleria, xa que e un baixo posterior do edificio Comandante Fontanes 7.
report abuse
Voto negativo
Voto positivo
Votos: +0

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 13 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado