Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 25 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
Arquitectura ó servicio da música e a ecoloxía PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Iria   
Martes, 20 de Maio do 2008
Arganda del Rey convertirase durante dous fins de semana non só na sede da primeira edición en España do Rock in Río, senón tamén en defensora dunha causa xusta: a loita contra o deterioro medioambiental e o fará coa construcción da Cidade do Rock, un espacio de máis de 200.000 metros cadrados, que durante os días 27 e 28 de xuño e do 4 ó 6 de xullo acollerá a sexta edición dun dos certames musicais máis importantes do mundo. O solar elexido estará dividido en varios espacios musicais e terá máis de 8.000 metros cadrados adicados a tendas e 3.000 a restaurantes. Ademáis, construiuse unha pista de snowboard artificial. O aforo previsto é de 100.000 persoas que non só poderán gozar de música e actividades deportivas, senón tamén dun dos máis espectaculares elementos: unha fonte que se move con sons, cunha medida de case 300 metros e dende a que se pode ver a inmensidade da cidade.

Os encargados de levar a cabo este proceso son os responsables do estudio de arquitectura e deseño brasileiro Ciclodesing, que xa se encargaron de facer realidade a Cidade da Samba en Brasil, un espacio creado non só para a preparación do Carnaval Carioca, senón que tamén alberga tendas, restaurantes e espacios para exposicións e espectáculos. A Cidade do Rock constitúese como unha verdadeira urbe, na que cada espacio é equiparable a un barrio.

Image

O percorrido por esta inmensa área iníciase no Escenario Mundo, cuxa fachada permitirá a proxección de xogos de luces e imaxes e cuxa enerxía será suministrada por 300 placas solares. Esta carpa está reservada para os artistas nacionais e internacionais que máis público atraigan. A continuación, pódese pasar á Carpa Electrónica, especialmente deseñada para sesiones Dj´s, e que ten unha extensión de 1.800 metros cadrados. A luz será un importante elemento para este espacio. Pero as zonas destinadas á música non termina aquí. O Hot Stage será o escenario no que actúen grupos de estilos musicais menos comerciais.

   

 

Pero se hai algo que non pode faltar en ningunha cidade son as tendas, que se enmarcan na Zona Moda, Image unha estructura de mil metros cadrados nos que se poderán ver catro desfiles diarios coas últimas tendencias. Estas tendencias tamén terán o seu reflexo nos deportes, dentro da Zona Radical, que conta cunha pista de patinaxe sobre xeo, unha pista de neve para snowboard, bungee jump e tres tirolinas. A Cidade do Rock copmplétase con restaurantes, espacios para nenos e unha zona vip con capacidade para 1.500 persoas e nas que se poden atopar numerosas pantallas de vídeo para non perderse ningún evento. 

 

 

O coste da construcción desta urbe, segundo os organizadores, ascende a 15 millóns de euros, dos que o concello de Arganda del Rey porá case a metade. Todo elo para albergar un dos festivais de música máis importantes do mundo que, dende a súa primeira celebración en 1985, realízase baixo un lema para concienciar á sociedade sobre diferentes problemas. A temática deste ano é Por un mundo mellor: contra o deterioro medioambiental, polo que os organizadores decidiron crear o Bosque da Música.

 

Image 

Este espacio verde situarase en La Perlita e estará composto por 30.000 metros cadrados no que, ademáis de zonas nas que a vexetación convivirá con instrumentos musicais xigantes, haberá un Parque das Alteracións Climáticas. Nel, recrearanse as consecuencias do efecto invernadoiro. Pero as medidas medioambientais non se reducen a isto. O Rock in Río conta cun Plan de Reducción de Emisións- Programa CarbonoCero, centrado en aspectos como a movilidade durante o festival, con buses gratuitos, o tratamiento dos residuos e o aforro de enerxía. As campañas publicitarias sobre o cambio climático e puntos interactivos de información dentro do recinto completan o programa de actividades para concienciar sobre a causa que defende o festival.

Os responsables da Cidade do Rock Image esperan que os beneficios do Rock in Río Madrid reporte as mesmas cantidades monetarias que logrou nas súas cinco edicións anteriores (tres celebradas en Brasil e dúas en Lisboa), nas que os ingresos derivados deste festival alcanzaron grandes cotas. Ademáis, esperan que a Cidade do Rock poida ser utilizada ata 2012 e con carácter bianual para acoller novas edicións do certame, aínda que tamén cabe a posibilidade de que sexa utilizado como Parque da Música e a Cultura.

 

Podes atopar máis información sobre o Rock in Río e a Ciudad del Rock na páxina do festival

Comentarios (1)Add Comment
gruas medio ambiente
escrito por alicuecano, Maio 21, 2008
no sé que me parece peor: si desaprovechar una zona libre de edificaciones para, en lugar de hacer una aberración urbanística en pos del negocio musical, crear algo con más calado en la lucha por el medio ambiente como por ejemplo una central eólica o solar o una simple reforestación.
o montar más tiendas y locales de restauración que escenarios musicales (y en lo de las carpas para djs prefiero no meterme)
report abuse
Voto negativo
Voto positivo
Votos: +0

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 20 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008