| Adultos con alma de nenos |
|
|
|
| Escrito por Iria | |
| Martes, 08 de Xullo do 2008 | |
|
Primeiro foi a Xeración X, logo os Jasp (Xoves aínda que sobradamente preparados) e agora os kidult, un novo termo que as axencias de marketing e os sociólogos puxeron de moda para designar a un segmento da poboación que se caracteriza por ter unha idade de entre 20 a 40 anos, un poder adquisitivo medio ou medio-alto e que goza xogando con consolas, lendo cómics e vendo as series de debuxos animados da súa infancia. A palabra kidult foi acuñada por primeira vez por unha empresa italiana de xoguetes para xente que xa pasou a adolescencia e está formada polos termos ingleses kid: neno e adult: adulto. Segundo os sociólogos, "trátase dunha cultura trasxeracional, propia dunha sociedade sen idade que non para de captar adeptos como tampouco de consumir contidos e productos para adulescentes".
Segundo os expertos, "os kidult son o resultado dunha reconfiguración dos estadios vitais", debido á complicación dos ciclos de vida. Pero as persoas pertencentes a esta categoría non son adultos que non tiveron infancia e pretenden recuperar o tempo perdido, senón que son adultos que coidan ó seu neno interno. É por isto que buscan a diversión e o goce permanente, a instantaneidade, a creatividade e o anhelo de vivir o presente. Entre as súas características, tamén destaca o feito de que poden ser compradores racionais á hora de adquirir artículos de primeira necesidade, pero que non reparan en gastos cando se trata de alimentar ó neno que levan dentro. ![]() As causas de que xurdira o que xa foi denominado tendencia urbán débese, segundo algunhas investigacións, ó incremento da expectativa de vida, o retraso á hora de ter fillos, unha máis tardía independencia e o xurdimento dunha sociedade global de ocio. As orixes dos kidult tamén se poden atopar en causas sociolóxicas e demográficas, como a alta tasa de divorcios ou unha poboación disposta a reemplazar a ausencia de nacementos con pseudo-xoves. Moitos sociólogos consideran como precursores deste movemento á Xeración X, "personas nadas do 65 en adiante, que foron os primeiros en sufrir os divorcios, as familias monoparentais ou recompostas e alimentados coa violencia en televisión e na rúa, a crise do emprego e a decadencia dos valores tradicionais". O fenómeno kidult non pasou desapercibido para as axencias de publicidade, e nas rúas pódense ver imaxes que ensalzan ós xoves e que lles ofrecen productos que en calqueira outro momentos se consideraría para nenos. O boom de ventas entre xente non demasiado nova das consolas como a Play Station ou a Nintendo Ds, así como doutros xoguetes tecnolóxicos, libros como Harry Potter, revistas de cómics dirixidas a maiores de 30, o éxito de Los Simpson, o feito de que a media de idade entre os xogadores de videoxogos pasara dos 18 anos en 1990 ós 29 anos na actualidade, así como a regresión a éxitos da infancia como Oliver y Benji, ou El gran héroe americano mostran o avance desta tendencia que non necesariamente fala da inmadurez dos consumidores, "senón do rescate de certos aspectos lúdicos e placenteiros da infancia que non queren perder". ![]() Os kidult, en definitiva, demandan productos para gozar, con calidade e deseño. Esta etiqueta xeracional xa logrou facerse un oco nos medios de comunicación, tal e como mostraron os diarios Clarín, que incluiu o termo na súa lista das XXI palabras clave da cultura do novo século e The Guardian. La Real Academia de la Lengua Española aínda non admitiu este termo de forma oficial, pero é posible que se esta tendencia segue a avanzar da forma na que o fixo ata agora, será necesario acuñalo. Podes atopar máis información sobre os kidult en Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 214 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Martes, 08 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios





















