| A moda que está de moda |
|
|
|
| Escrito por Emma | |
| Mércores, 25 de Xuño do 2008 | |
|
<<A moda é un termo que non designa só á peza de vestir ou ás diferentes coleccións que se desenvolven durante o ano. A moda na sociedade postmoderna excede os conceptos de produción e de estética para converterse nun termo máis amplo que aborda sensacións , ritmos, espazos e un encontro artístico. A moda reinventada polo mundo contemporáneo é unha experiencia en si mesma que trascende a experiencia da pura creación>> Pasarela Torre de Hércules A cidade da Coruña converteuse unha vez máis no punto de encontro das últimas tendencias creativas, amosando o traballo dos novos talentos da moda e dos complementos -tanto galegos coma nacionais e internacionais- pero tamén outras formas de expresión cultural en actividades paralelas como exposicións, música, desfiles, etc.
Estamos a falar da segunda edición de Lo+Fashion, que logo de superar todas as expectativas e xuntar na súa primeira edición -celebrada o pasado mes de marzo- a máis de 10.500 visitantes, regresa ao espazo de moda e arte METTRO ao tempo que conquista novos espazos da cidade. Cunha duración tamén superior, dende o pasado 31 de maio e até o vindeiro 30 de xuño, son moitas as novidades do seu programa, destacando o primeiro evento galego de moda independente, Pasarela Torre de Hércules, que pretende servir de apoio á candidatura do faro romano e que terá lugar este sábado a partir das 20:00 hs. na zona peonil da Praza de Lugo: a vanguarda da moda a pé de rúa. Baixo o lema A Coruña está de moda e Torre de Hércules está de moda, a primeira edición desta pasarela reunirá as propostas de vinte creadores contemporáneos: Perdona Bonita by Marya-b (A Coruña), Marcos Garaban (A Coruña), Alba Blanco (A Coruña), NiceTrip (A Coruña), Divina de la Muerte (A Coruña), Yo Bordo (Pontevedra), Roberto Navazo (Madrid), Retalreciclajecreativo (Italia-Valencia) Alonsize (Palencia), Laia Mauri (Barcelona), La Maldita (Sevilla), Roberto Piqueras (Barcelona), Juanma by el Cuco (Barcelona), Malafe (Colombia-Barcelona), Alejandra Caballero (Gijón), Miuky (Madrid), Sapimoni (Bilbao), Eugenia Raschetti (Madrid), Andrez (O Porto - Portugal), e coma deseñador convidado nesta primeira edición, o coruñés Javier Cañás. Ademais, a pasarela estará amenizada coa música dos proxectos finalistas do I Certame de DJ Torre de Hércules: Judah, Diego, Cajón de Sastre, Arxen-DJ, R-Bosh e Aticolunatico. A convocatoria, plantexada coma unha alternativa 'aberta' á Pasarela Pontus Veteris de Pontevedra, e cuxa finalidade é impulsar o espírito creativo dos novos deseñadores, non contou con todos os apoios que cabería esperar no ámbito da moda galega, e desencadeou semanas atrás un pólemico cruce de declaracións protagonizado por Segundo Pardo -presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules (IETH)-, Ricardo Mirón -presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra- e os organizadores do evento. ![]() A Pasarela Torre de Hércules, conta cun 95% de capital privado -uns 30.000 euros- e quere ser <<un novo referente>> tal e como manifestou Jose Matteos, comisario de Lo+Fashion. Ao seu entender, a xa coñecida Pasarela Pontus Veteris que se celebra en Pontevedra <<aparentemente ten capital público e é aberta, pero en realidade é inaccesible e pechada>>; fronte a ela, a nova convocatoria coruñesa pretende crear un espazo destinado a que os novos creadores poidan dar a coñecer os seus proxectos e abrirse camiño nun mercado difícil e competitivo. E aínda que o nome da pasarela fora elixido para apoiar a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade, foi este un dos motivos de confrontación. Segundo Pardo, presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules, calificou esta iniciativa coma 'ilegal' por non ter solicitado permiso ao Concello para empregar o nome do faro. Marya-B, promotora da Pasarela Torre de Hércules, contestou a estas acusacións a través dun comunicado no que esixía a Pardo que se retractase, acusándoo de utilizar este tema para promocionar a súa propia pasarela, a Pasarela DE MODA Torre de Hércules, que se celebrou o pasado día 19 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña coma 'unha firme aposta' a favor da mesma e xa mencionada candidatura. ![]() <<Agradecería que se dieran explicaciones del repentino cambio de nombre del desfile presentado por el Sr. Pardo, que hace unos días se denominaba 'Pasarela Ártabra' (...) Sin duda el repentino cambio de nombre se debe a la gran repercusión mediática que a nivel nacional está teniendo el evento coruñés promovido por la Plataforma Lo+Fashion>> asegurou Marya-B, engadindo <<Ni el Sr. Pardo ni su asociación tienen ningún tipo de autoridad o derecho para 'DAR' o no 'PERMISO' de uso sobre el nombre de la torre (...) la Torre de Hércules es un monumento de todos y nadie tiene la potestad única de promover acciones de apoyo para que llegue a buen fin su carrera para ser patrimonio de la humanidad>>. Logo deste cruce de declaracións, o Presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Ricardo Mirón, defendeu a vixencia de Pontus Veteris fronte á proposta alternativa dos deseñadores coruñeses, indicando que o desfile de Pontevedra é unha pasarela 'aberta' pero sen espazo para incorporar novos creadores, e recriminando á Plataforma Lo+Fashion a súa falta de apoio a un proxecto que, ao seu entender, está funcionando <<se debe de potenciar lo que hay en lugar de crear ferias o mercados>>. A organización da Pasarela Torre de Hércules, pola súa banda, lamentou estas declaracións, sinalando <<nuestro evento se organiza con capital privado, y humildemente intenta abrirse camino siendo blanco del desprecio y minimalización del Sr. Mirón, que pide para su evento un respeto y apoyo que él no brinda a otros>>. ![]() A pesar de todo a pasarela de Lo+Fashion segue o seu camiño, agora auto-denominada tamén 'a orixinal', e este sábado presentará a ceo aberto un desfile onde as novas xeracións amosarán unha gran variedade de propostas e estilos, frescas e innovadoras ou rompedoras e vangardistas, dirixidas a todo tipo de púbicos pero sobre todo aos que demandan "novos aires" e formatos. Á marxen da controvertida pasarela, e como non podía ser doutra maneira, Lo+Fashion reedita nesta segunda edición o exitoso showroom que xa se desenvolvera o pasado mes de marzo no espazo de arte e moda METTRO (Praza de Lugo nº 23), repetindo localización pero aumentando a súa duración a un mes. ![]() Até o vindeiro luns exporanse e venderanse máis de trinta e cinco coleccións de xoves deseñadores que se foron renovando e alternando ao longo da súa duración. Como novidade, o showroom conta coa participación de varios deseñadores de moda internacionais, así coma coleccións de pasarela de serie limitada, á venda en exclusiva para Lo+Fashion. Destacan tamén as coleccións de deseñadores de complementos elaboradas con materiais reciclados -pantalóns vaqueiros e t-shirt, ou neumáticos e bandas de rozamento de bicicletas e automóbiles reutilizados en bolsos únicos ...-. Paralelamente, os visitantes poderán gozar dunha exposición de arte que inclúe á artista checa Barbora Lehka ou á galega Anita Kalamidad, entre outros. E para completar a oferta, aínda se pode visitar La Dama Azabache, La Dama Azar, La Dama Coral, La Dama Arcoiris, unha exposición anovadora e única que se reparte en diferentes espazos da cidade e cuxa selección realizou un comité integrado por prensa especializada e profesionais do sector. Así, en La Base (Fonte de San Andrés, 1) e a cargo de Jose Matteos, La Dama Coral mostra catro conxuntos expostos xa en París e Nova Iorq que por vez primeira se poden ver en España; unha colección sexy e 'cool' caracterizada polo uso do vermello, cor fetiche do deseñador, as liñas curvas e os tecidos vaporosos coma gasas, tules ou o tradicional encaixe de bolillos de Camariñas e Muxía.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 266 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 25 de Xuño do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios























