| Zeembo, o Youtube galego |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Sábado, 30 de Agosto do 2008 | |
![]() A empresa galega Simplifica, con sede en Ordes, creou unha plataforma online onde compartir fotografías e vídeos en internet, como se viña facendo ata agora en Youtube. O diferencial desta nova páxina, chamada Zeembo, é que permite ó usuario elexir o galego ou o castelán para traballar con ela. A páxina, de sinxelo manexo, naceu en maio deste ano, pero xa conta con uns 70 usuarios que poden intercambiar os seus vídeos e fotografías. Zeembo está dividida en catro seccións principais: usuario (para darse de alta e acceder); vídeos e fotos (para consultar as imaxes máis recentes) e un blog que informa das novidades da plataforma. Pero as posibilidades desta web en galego van máis aló e inclúen un mapa global de localización, que permite visualizar a situación de cada un dos envíos que se fan, podéndose buscar fotos e vídeos por rexións e localidades, así como unha sección de información baseada en Twitter e un calendario para as fotos fos usuarios, de tal xeito que poden acceder ós envios realizados durante un período de tempo determinado. Por último, Zeembo ten un chat no que os usuarios poden intercambiar opinións. En definitiva, trátase dun servicio que busca a creación de espazos comúns para compartir cos demais as fotos e vídeos. Segundo os responsables da plataforma "non se busca un sistema de promoción, aínda que na portada saían os envíos máis valorados (cousa que se cambiará nun futuro), senón que intentaremos crear unha idea de comunidade individual onde cada usuario dispoña da súa propia portada cos seus envíos e os envíos dos seus amigos". Máis información na web de Zeembo.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 207 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Martes, 26 de Agosto do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















