Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 28 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
Verbatim proba os seus CDs e DVDs no espazo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Mércores, 23 de Xullo do 2008
 
Image
 
A marca de soportes para almacenamento Verbatim fixo parte da Misión Espacial Shuttle 1J cara a Estación Espacial Internacional a finais do pasado mes de maio. Os seus discos ópticos CD e DVD virxes gravables estiveron a bordo, participando das probas realizadas por Astrium GmbH de Bremen, Alemaña, que confirmou que tamén poden ser empregados no espazo.

Os tests realizados por Astrium GmbH de Bremen, unha subsidiaria da compañía aeroespacial EADS, confirmaron que os discos Verbatim son axeitados para viaxar ao espazo. A lonxevidade dos discos, que poden almacenar datos de xeito seguro durante un periodo de até 100 anos, xogou un papel vital na toma da decisión. O motivo é que as proporcións de compostos químicos e gases causados polo proceso de envellecemento que se produce a bordo dun voo espacial non deben exceder certos baremos.

A bordo da estación espacial internacional, o papel dos discos era o de ser empregados coma soportes para back-up no suposto de que os ordenadores de a bordo do COLUMBUS precisasen restaurar funcións críticas do sistema.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Mércores, 23 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008