Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 13 h, 21 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Unha estudante galega deseña unha aplicación informática pioneira en España PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Mércores, 20 de Agosto do 2008
 
Bolsa de Madrid
 
Unha estudante galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveu o deseño dunha aplicación informática pioneira en España, denominada Forecasting, capaz de realizar predicións a curto prazo sobre o movemento das accións no mercado bursátil.

Trátase dunha novidade total no ámbito financieiro español que permitirá sentar as bases para poder realizar unha aplicación capaz de competir con éxito neste campo. A idea xurdiu dunha estudante de Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas da USC, María Dolores Corzón, que a desenvolveu no seu proxecto de fin de carreira permitindo abrir unha nova liña de investigación no grupo de sistemas intelixentes da USC.

Forecasting organiza as noticias financieiras publicadas nas versións on-line dos principais diarios económicos, e a continuación analiza o seu contido mediante técnicas de intelixencia artificial de filtrado semántico,  o que permite recoñecer a información máis relevante que pode afectar ao valor dunha determinada acción en bolsa. O uso de técnicas intelixentes resulta necesario debido ao volume inxente de información dispoñible, que pode alcanzar as 300 noticias cada hora, así como para poder levar a cabo unha selección fiable desa información.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Mércores, 20 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008