¿Queres vestir como Marilyn Monroe? PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Xoves, 24 de Xullo do 2008
 
Marilyn Monroe
 
Se che interesa imitar o estilismo da loira máis famosa de todos os tempos, interésache esta nova: a compañía estadounidense Brandford Licencing Associattes, que controla parte do legado fotográfico de Marilyn Monroe, chegou a un acordo coa marca británica Blue Clothing para crear unha completa liña de roupa relacionada coa emblemática actriz.

O lanzamento oficial é de momento unha incógnita. Polo visto, a nova liña vai chegar ás tendas antes de 2009. Nun principio estará dirixida a xente moza e incluirá camisolas, tops, vestidos, pantalóns e roupa interior. 
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 24 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado