Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 48 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
Preséntase o III Concurso Universitario de Software Libre PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Venres, 22 de Agosto do 2008
 
Image
 
O pasado día 12 presentouse oficialmente a terceira edición do Concurso Universitario de Software Libre, que comprenderá o curso 2008/2009 e inclúe o desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre.
 
O certame está dirixido a estudantes de primeiro e segundo ciclo do ámbito estatal español e ten como principal obxectivo fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade de Software Libre no ámbito universitario. Así,  os proxectos inscritos serán liberados a través da Forxa de Coñecemento Libre da Comunidade RedIRIS e daranse a coñecer nun blog, onde os participantes contarán a súa experiencia no desenvolvemento dos proxectos.

A fase de inscrición no concurso comezará o vindeiro 15 de setembro e permanecerá aberta até o 10 de outubro de 2008. A formalización da mesma realizarase a través da web do evento.

Na mesma liña mantense tamén aberto até o vindeiro 31 de outubro o prazo de inscrición para participar no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre en Galicia .

Este galardón, organizado pola empresa galega Igalia co respaldo da Consellaría de Innovación e Industria, a través de Mancomún, así como das tres universidades galegas, réxese polos mesmos principios que o Concurso Universitario de Software Libre pero restrinxindo a participación a proxectos de fin de carreira e do ámbito galego.

A Forxa de Mancomún será un ano máis o punto de confluencia de todos estes proxectos en código aberto. 
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 22 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008