| O beixe volve a triunfar na segunda xornada de Cibeles |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 17 de Setembro do 2008 | |
![]() Francis Montesinos deu onte a saída á segunda xornada da Cibeles Madrid Fashion Week coa súa colección Urania. O deseñador apostou nesta ocasión por cores moi claras e luminosas nunha liña de roupa inspirada no propio firmamento. A deseñadora bilbaína Miriam Ocariz, pola súa banda, decantouse pola naturalidade nas súas propostas cunha liña de roupa en tons escuros con pinceladas en rosa, verde e azul. O desfile deixou entrever, ademais, unha superposición de tecidos que buscan o contraste de volumes. O deseñador Jesús del Pozo propuxo unha colección onde se pode ver a unha muller fresca, cosmopolita e dinámica que se sente ben coa súa forma de vestir. A súa liña de roupa de noite foi a máis aclamada polo público, composta por pezas longas transparentes con xenerosos escotes e espalda ao aire, ademais de vestidos até os xeonllos trazados a base de tiras que apuntan a unha muller urbana e dinámica. Davidelfin abriu a tarde desta segunda xornada cunha orixinal posta en escena na que os modelos sairon á pasarela coas gomas de osíxeno que se coloca aos doentes; ademais, este deseñador amosou a súa colección acompañada polos pitidos de fondo das máquinas que miden as constantes vitais e por raios láser. A deseñadora Ana González presentou a colección Art d'Hysterie, inspirada na teoría do analista Alexis Tzonis, despois de separarse da súa parella artística Óscar Benito con quen formaba Locking Shocking.
A cor beixe, que se vai decantando coma estrela da próxima tempada, triunfou tamén na colección de Miguel Palacio, na que de novo os tecidos teñen un papel principal en prendas que marcan a silueta feminina, en ocasións con corsés. Elio Berhanyer volveu reivindicar a costura no seu desfile, onde o coctel e a noite cobraron especial importancia no armario da muller, e onde a seda de cores claras, principalmente branco e beixe con toques azuis ou lima, é tamén estrela. O desfile de Juanjo Oliva pechou a segunda xornada. O deseñador madrileño presentou unha colección na que se eliminou o superfluo, conseguindo que a vista se fixe só nos complexos cortes e formas coas que está construida cada peza. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 100 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 17 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















