Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 12 h, 46 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Nokia convoca a 'todos os innovadores do mundo' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Venres, 19 de Setembro do 2008
 
Image
 
O Forum Nokia puxo en marcha Calling All Innovators, un concurso global que desafía a todos os desenvolvedores de aplicacións móbiles  a crear novas ferramentas que melloren o uso destes dispositivos en situacións do mundo real e nunha das tres categorías seguintes:

•    Ecodesafío: A aplicación deberá minimizar o impacto no medio ambiente e ofrecer solucións móbiles que axuden aos clientes a tomar decisións responsables co equilibrio ecolóxico, por exemplo reducindo o consumo de enerxía ou a pegada carbónica.

•    Mercados en desenvolvemento: Esta categoría convida a imaxinar as posibilidades de crear aplicacións e servizos pioneiros que afecten positivamente as vidas diarias de millóns de persoas nos países en desenvolvemento. Pode incluir solucións para a educación, para o acceso á información de saúde, a agricultura rural ou calquera outra aplicación que mellore as vidas dos mercados en desenvolvemento.

•    Vitrina de tecnoloxía: É unha oportunidade para crear e expor aplicacións contundentes que abran a mente dos consumidores sobre o que se pode facer cun móbil.

Os gañadores do primeiro premio en cada categoría recibirán 18.000 euros, unha viaxe ao Congreso Mundial de Telefonía Móbil 2009 en Barcelona, e distribución de balde da súa aplicación a través de diversas canles de Nokia. Os gañadores do segundo premio recibirán 7.500 euros, e os do terceiro, 3.500 euros. Todas as aplicacións a concurso deberán presentarse antes do 15 de decembro de 2008. Os finalistas faranse públicos en xaneiro do 2009.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 19 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008