Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 11 h, 28 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Mango lanza a terceira campaña online 'quemepongo' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Mércores, 24 de Setembro do 2008
 
quemepongobymango.com
 
Mango lanzou a terceira campaña online de quemepongobymango.com. O microsite estará dispoñible en diferentes países, coma España, Alemaña, Austria, Bahrein, Bélxica, Estonia, Francia, Holanda, Hong Kong, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido, Singapur, Tailandia e Turquía.  Paralelamente, a marca catalá realizará, en España, unha campaña de anuncios en televisión que constará de oito capítulos semanais nas canles Cuatro e Telecinco durante a retransmisión dos programas Anatomía de Grey e Sin tetas no hay paraíso. Os modelos da campaña, Alice Dellal, Sheila Márquez e Nuno Lopes, amosarán a internautas e telespectadores cómo combinar as novas tendencias.

Tamén para esta ocasión se renovou o microsite e incluíronse novas seccións. Cada semana poderanse ver os novos vídeos e os novos consellos de estilismo en Styling tips e Mix and match, onde se ofrecerán consellos para mesturar diferentes estilos con éxito en cada ocasión. Na sección Be a model, as clientas poderán publicar as súas fotos e gañar unha sesión de fotos cun fotógrafo profesional en Barcelona. Meet the models contén breves entrevistas ás caras da campaña. E como novidade, aparece a sección Chic city guide onde, en colaboración coa revista Time Out, se ofrecerán consellos e enderezos sobre os puntos de interese turístico e os mellores hoteis, restaurantes e zonas de shopping en oito cidades do mundo.

Quemepongobymango.com tivo moito éxito nas súas dúas primeiras edicións, con 465.000 visitas na última tempada. Dende 1995, data na que Mango lanzou a súa web corporativa mango.com e a súa tenda online mangoshop.com, a marca apostou forte polo desenvolvemento e innovación na rede.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Mércores, 24 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008