|
Escrito por Redacción
|
|
Venres, 21 de Novembro do 2008 |
|
A deseñadora viguesa Isabel Mastache gañou onte o primeiro premio do Tesoira 2008 coa súa colección Sputnik, na que mostra unha estética que parte da postguerra e xoga con pezas masculinas e femininas de angulosas liñas. Ademais dos 3.000 euros cos que está dotado o premio, Mastache contará cunha bolsa destinada á súa formación. As colecciones da cambadesa Eva Soto e da deseñadora de Sanxenxo, Sevérine Sérizy recibiron o segundo e terceiro premio, respectivamente. O evento tivo lugar onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo. |
|
|
Escrito por Redacción
|
|
Xoves, 20 de Novembro do 2008 |
|
O Clube Internacional de Prensa de Santiago acolliu hoxe a presentación do prototipo do primeiro traductor galego-inglés, froito da investigación do consorcio Opentrad. Unha das principais características do Opentrad é o aproveitamento dos recursos do software libre. A versión en galego únese ós 26 pares de idiomas xa existentes. |
|
Última actualización ( Xoves, 20 de Novembro do 2008 )
|
|
|
Escrito por Redaccion
|
|
Venres, 14 de Novembro do 2008 |
|
A Oficina de Software Libre da Coruña celebra hoxe de 18:00 a 21:00 horas na Facultade de Informática da USC un obradoiro de introducción a esta materia. Esta xornada está aberta a todos os interesados, sexan ou non universitarios, e se inclúe dentro das actividades da Semana da Ciencia baixo o título Para que pagar por algo que tes libre e de balde. Durante o obradoiro levarase a cabo un percorrido por diferentes nocións básicas, como a instalación de programas e a configuración da rede. |
|
Última actualización ( Venres, 14 de Novembro do 2008 )
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
Mércores, 12 de Novembro do 2008 |
|
Dez xoves deseñadores das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña amosarán as súas creacións na XVII edición do Tesoira 2008, que terá lugar o vindeiro 20 de novembro no Teatro Caixanova. Eva Soto Conde, Mónica Bastón Paz, Isabel Mastache Martínez, Olalla Novoa Seisdedos, Rocío Caramés Castro, Paula Lages Gamarra, Marcos Barra Rodríguez, Laura Ponce Mouriño e Alba Vázquez de las Heras son os deseñadores seleccionados para participar no certame. As tres mellores coleccións levaranse unha bolsa de formación e estarán expostas no Corte Inglés. |
|
Última actualización ( Mércores, 12 de Novembro do 2008 )
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
Martes, 11 de Novembro do 2008 |
|
O conto fantástico La leyenda de Cathair-Fleodruinn y el alma robada, de Isabelle de Marie sairá á venda nas librerías gracias ós votos que recibiu no portal literario BookAndYou durante os últimos seis meses. Este portal naceu o pasado ano como a primeira editorial-biblioteca en publicar libros en internet e editar en papel os máis votados polos seus lectores. O libro gañador nesta ocasión narra a historia de dous nenos, Caedmon e Aodh, que nacen o mesmo día e á mesma hora nunha aldea celta. Co paso dos anos, xuntos terán que crear un reino marabilloso no medio do mar. |
|
Última actualización ( Martes, 11 de Novembro do 2008 )
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 137 |