|
Ferrol acolle hoxe e mañá o Wii Fit Tour 08 |
|
|
|
|
Escrito por Emma
|
|
Martes, 15 de Xullo do 2008 |
|
 O Wii Fit Tour 08, un circuito que invita ao público a gozar do xogo da coñecida videoconsola ofrecéndolle unha táboa de exercicios, está a percorrer as principais cidades españolas co obxectivo de informar e sensibilizar á cidadanía sobre os beneficios que ten a práctica regular de actividade física para a saúde.
Ferrol acollerá o circuito, en catro carpas instaladas na praza de Amboage, durante as xornadas de hoxe martes e mañá mércores , de once da mañá a nove da noite de xeito ininterrumpido e gratuito.
O Wii Fit Tour componse de oito zonas de xogo onde o cidadán recibirá información sobre o seu índice de masa corporal (IMC) e o concepto de equilibrio do corpo (CG). Tamén se lle practicarán medicións para que coñeza os seus valores persoais e, finalmente, mesmo poderá realizar exercicios de ioga, tonificación, aeróbicos ou para traballar o equilibrio do corpo.
O Wii Fit Tour 08 arrincaba o pasado 4 de xullo na cidade de Vigo e rematará o vindeiro 30 de novembro en Córdoba. Nese tempo percorrerá 44 cidades españolas entre elas Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, ademais de Vigo e Ferrol. Tamén León, Xixón, Oviedo, Santander, Zaragoza, Tarragona, Valencia, Murcia, Granada, Málaga, Algeciras, Cádiz ou Sevilla, entre outras.
|
|
Última actualización ( Martes, 15 de Xullo do 2008 )
|