Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 12 h, 26 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Do que senten as bitácoras PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Luns, 28 de Xullo do 2008
 
Pulse
 
Dende Berlín e vía youtube, chéganos o proxecto Pulse: An Emotion Visualization Organism, do artista Markus Kison, unha representación en vivo das emocións que transmiten as bitácoras persoais de Blogger.com. As diversas expresións emocionais que recollen estes blogs foron analizadas e catalogadas de acordo a unha listaxe de sinónimos para transformalas nun obxecto físico que representa un corazón e que se denomina 'sapeshifting'.

Baseándose na teoría de Robert Plutchik, quen propuxo en 1980 que as emocións se poden clasificar en oito categorías puras (temor, sorpresa, tristura, disgusto, ira, esperanza, ledicia e aceptación) e que todo o resto das emocións están formadas pola combinación destas emocións básicas, Pulse visualiza 'en directo' as expresións emocionais dos blogs. Cada vez que unha emoción sinónima ás oito descritas por Plutchik se atopa nunha entrada de blog escrita durante o último minuto o corazón ou shapeshifting transforma o seu volume na área reservada a esta emoción, representando un pequeno anaco da 'actualidade emocional' da rede.

  
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 19 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008