Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 10 h, 21 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Devota & Lomba inaugura Cibeles Madrid Fashion Week PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Luns, 15 de Setembro do 2008
 
Debota&Lomba
 
A colección Primavera-Verán 2009 de Devota & Lomba foi a encargada de inaugurar esta mañá Cibeles Madrid Fashion Week . De seguido coñecéronse as novas propostas de Duyos, Alinato e Lemoniez, e xa á tarde será a quenda de Victorio & Luccino, Amaya Arzuaga, Ángel Schlesser e Ágata Ruiz de la Prada.

Devota & Lomba esquece os androides e nostalxias que inspiraron a súa última colección para amosar agora a un individuo illado e afastado. O home vístese de gris case monocor agás tons azuis, rosas e lila que se deixan ver, namentres que a muller de Devota vestirá a vindeira primavera con vestidos, principalmente curtos, de gabardina ou camiseiros, pero tamén longos e moi vaporosos.

Debota&Lomba
 
Os tecidos conseguen que se alonguen as figuras cun efecto asimétrico. A cor saturada marca, enmarca e acentúa dentro dunha gama homoxénea de grises e rosas que se combinan con azuis, verdes, crus e chocolates que pintan papeis de seda encerados, georgettes, muselina, mikados e bellardinas. No capítulo dos complementos, o creador aposta por unha muller que pisa moi alto grazas aos seus altos tacóns, que se fai inseparable de grandes bolsos e, cómo non, de anteollos de sol que a protexen.

O primeiro desfile da pasarela Cibeles contou cunha posta en escena moi orixinal, onde uns muros de metacrilato en rosas e transparente dividían a primera parte do escenario.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 15 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008