Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Tendencias

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 10 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
Chegan a España os 'Cinegames' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
Cinegames
 
A última tendencia nas salas de cine, un sector en crise xa que nos últimos tempos non deixou de perder espectadores, é incluir nas súas programacións sesións adicadas aos videoxogos baixo a denominación de Cinegames. A cadea Yelmo Cineplex foi a primeira en abordar esta nova vía en España habilitando unha das súas salas madrileñas, un recinto multimedia que pon en carteleira varios videoxogos por día programados en sesións, exactamente igual que as películas. A instalación está dotada cun sistema de 50 postos de xogo en rede que permiten xogar simultaneamente a outras tantas persoas.

A idea foi exportada doutros países onde esta opción de ocio xa está en marcha. Así, recentemente unha cadea canadense empezou a ofrecer aos seus clientes a posibilidade de alugar unha sala enteira. Por só 179 dólares, e en máis de 29 establecementos ao longo de todo o país, pódese dispor dunha sala de cine na que compartir, con até unha ducia de amigos, unhas partidas ao xogo que se prefira dun inmenso catálogo.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 21 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008