|
Caixanova adapta os seus servizos on line ao iPhone |
|
|
|
|
Escrito por redacción
|
|
Venres, 25 de Xullo do 2008 |
|
Caixanova foi unha das primeiras entidades financieiras españolas en adaptar os seus servizos on line ao iPhone, o que permite aos seus usuarios acceder directamente dende o seu menú aos servizos financieiros da entidade galega.
A través dun acceso directo que os usuarios de iPhone poden descargar, calquera persoa pode conectarse dunha maneira moi sinxela con Caixanova para consultar saldos ou realizar outras operacións. Deste xeito, Caixanova facilita aos usuarios do novo móbil de Apple a organización dos seus servizos bancarios, podendo operar dende calquera lugar en calquera momento.
O servizo incorpora as máis avanzadas medidas de seguridade, polo que proporciona aos usuarios un alto grao de fiabilidade e a confidencialidade das operacións. Esta iniciativa fai parte das accións de Caixanova que teñen como obxectivo aproveitar as novas tecnoloxías para abrir diferentes canles de comunicación cos seus clientes e mellorar a calidade dos seus servizos.
|