| Amy Winehouse protagoniza un videoxogo gratuíto online |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 13 de Agosto do 2008 | |
![]() Facendo parte da campaña promocional de Disaster Movie, un título parodia estilo Scary Movie, a produtora lanzou na rede un videoxogo gratuito online protagonizado pola controvertida cantante Amy Winehouse, tan célebre pola súa magnífica voz como polos seus escándalos e os seus problemas coas drogas e o alcohol.
Chámase Escape from the rehab, e a mecánica consiste en axudar a Amy a fuxir dun centro de rehabilitación namentres nos atacan personaxes coma Hulk, Hellboy, as protagonistas de Sexo en Nova Iorq, Ironman ou Batman. Para defendernos deles utilizaremos armas propias do repertorio Winehouse coma xeringas ou botellas de alcohol. Finalmente debemos adentrarnos no cárcere para salvar ao namorado de Amy, Blake, e conseguir que triunfe o toxicómano romance. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 286 Comentarios (1)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 13 de Agosto do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|






















