| Achégase a Arroutada Party |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Sábado, 27 de Setembro do 2008 | |
![]() A Coruña acollerá os vindeiros 9, 10, 11 e 12 de outubro a 15 edición da Arroutada Party, que terá lugar no Coliseum da cidade herculina. Durante estes catro días, os amantes da informática poderán compartir arquivos, coñecementos técnicos e gozar de diferentes actividades como a celebración dos campionatos de videoxogos tales como o Counter Strike, Starcraft ou o Pro Evolution Soccer 2008. O evento organízase coa colaboración do goberno local, que cede o recinto, coa Universidade da Coruña, que asume o costo da conexión a internet e coa Asociación de Mocidade Informática e A Coruña (Amiga), que se fará cargo do resto dos costes. Os interesados poden atopar máis información e inscribirse en arroutada.info.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 121 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 24 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















