Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 14 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
Abre as súas 'portas' a Feira Virtual Artícula PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Martes, 15 de Xullo do 2008
 
Image
 
Se queres visitar unha Feira de Arte sen saír da casa, sabe que hoxe arrinca a feira virtual Artícula, promovida polo Gremi de Galeries d’Art de Catalunya coa aspiración de converterse no escaparate de referencia da arte catalá a nivel internacional mediante as conexións en rede.

A Feira Virtual Articula está composta por un cento de galerías asociadas ao Gremi de Galeries d’Art de Catalunya. Cada galería conta cun espazo onde expor unha mostra das súas obras. Igualmente, todos os artistas que se ofrecen en Artícula contan cun espazo no que se amosan as obras que deles se ofrecen en unha ou diversas galerías, segundo sexa o caso.
 
No momento da súa inauguración, na feira participan 66 galerías de todo o territorio catalán, as cales expoñen a 511 artistas –tanto autóctonos coma internacionais– con máis dun milleiro de obras representativas das vangardas do século XX –Picasso, Miró, Dalí...–, pasando por artistas actuais xa consagrados –Miquel Barceló, Tàpies...– e chegando até as novas tendencias do século XXI.

Segundo os seus promotores, "o que en última instancia pretende Artícula é que o público que visita a cidade se anime a visitar as galerías de forma presencial para coñecer as obras orixinais que se expoñen".
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 15 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Tendencias | Vídeo Destacado

Pasarela VigoFeria 2008