| Xigantes |
|
|
|
| Escrito por Emma | |
| Xoves, 31 de Xullo do 2008 | |
|
Se este verán non podes marchar uns días de viaxe como quixeras, pensa que sempre podes facer unha escapadiña. A crise, como a fame, pódese enganar cun bocata e ganas de coñecer o que tes arredor. Porque aí ao lado podes ver cousas que nunca imaxinarías.
Os eucaliptos de Chavín superan os cen anos e constitúen auténticos monumentos vexetais, acadando probablemente as maiores dimensións desta especie en Europa. Amais, O Avó non só é a árbore máis alta, senón a máis grande, é dicir, a que conta cun maior volume de madeira (75, 2 metros cúbicos).
Din que todas as especies de árbores xigantes contan cunha lenda que fala dun exemplar desaparecido que batía todos os récords. O mesmo sucede co eucalipto, a lenda chámase Ferguson Tree (situada en Australia, claro está) e din que, alá polo 1872, medía 152 metros. E é certo que os maiores exemplares de eucalipto desapareceron no século XIX, pero segundo os especialistas hai que ser desconfiados cando se fala de alturas superiores a 120 metros ... En Melbourne, co gallo da Exposición Internacional de 1888, ofreceuse unha recompensa a quen atopase un eucalipto de máis de 120 metros, e o premio quedou deserto. O maior exemplar que se atopou 'só' medía 99 metros. O maior exemplar de eucalipto que se coñece na actualidade está localizado en Tasmania, mide 92 metros de alto e 4,7 de diámetro e ten uns 400 anos. Como ves, O Avó aínda lle anda lonxe, pero tamén son especies diferentes: o eucaliptus regnans, especie orixinaria de Victoria e Tasmania medra con moita rapidez e os seus tocos teñen sido empregados coma alpendres, cabanas ou cortellos; o Avó é, como xa se dixo, un eucaliptus globulus, que non chega a semellantes alturas agás en casos excepcionais.
Mais se O Avó é a árbore máis alta de España ¿cal é a máis antiga?. Aquí a cousa non está tan clara e existe división de opinións. Segundo Bernabé Moya, José Plumed e José Vicente Moya, os autores do xa citado Árboles Monumentales de España, Lo Parot, un venerable olivo situado en Horta de San Juan (Tarragona) é o máis probable candidato. Estes expertos rexeitan o método dos aneis de crecemento para calcular a idade, por inexacto e por ser nocivo para as árbores, e fan as súas estimacións con táboas estatísticas. Segundo estas estimacións, ás árbores españolas máis antigas teñen entre 1.000 e 1.500 anos, a idade de Lo Parot, que debeu ser plantado en tempos dos visigodos. Sen embargo, segundo un catálogo das marabillas arbóreas españolas que realizaron sete especialistas para a ONG Bosques sin fronteras, e onde se censaron máis de 3.500 árbores singulares, o teixo de Rascafría (Madrid), con máis de 1.400 anos, é a árbore máis lonxeva e debeu ser protagonista da Reconquista fronte aos árabes. Hyperion mide apenas dous metros máis que a árbore que anteriormente gozaba deste título, Stratosphere Giant. Outras dúas sequoias anciás descubertas nos arredores (Helios e Icarus) resultaron ser tamén máis altas que a anterior campiona. O profesor Steve Sillett, un destacado experto internacional nisto das bóvedas forestais, escalou até a cima de Hyperion e deixou caer unha cinta métrica até o chan, un método do que é pioneiro, xa que antes de que el comezase a rubir sequoias a metade dos 90, ningún científico chegara antes á bóveda dos bosques e, polo tanto, pouco se sabía da súa ecoloxía. Por outra banda, a árbore máis alta endexamais rexistrada é o abeto Douglas, atopado no val de Lynn (Canadá), cuxa altura, a finais do século XIX, era de 123 metros. Hoxe en día xa non está en pé. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 273 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 31 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















