| Vacacións en singular |
|
|
|
| Escrito por Iria | |
| Venres, 04 de Xullo do 2008 | |
|
Single: colectivo formado por solteiros (término que engloba a persoas sen parella, divorciados e separados ou viuvos), cunha media de idade de trinta anos cara arriba, cun poder adquisitivo por riba da media, debido ó seu éxito laboral e, normalmente, sen persoas ó seu cargo. Esta é a definición que se corresponde cun colectivo que cada vez cobra máis importancia. E as axencias de viaxe decatáronse de que están ante un sector emerxente. Ata hai uns anos, atopar unha praza libre para viaxar so convertíase nunha odisea e os hoteis cobraban un plus nas habitacións individuais. A situación está a cambiar. Hoxe en día hai máis de dez millóns de solteiros en España que deciden pasar sos as súas vacacións e os organizadores de viaxes presentan paquetes de vacacións exclusivos para singles.
![]() Hoxe en día a solteiría contémplase como una opción de vida máis, unha alternativa ó modelo familiar clásico e isto inclúe planear vacacións en solitario para poder coñecer xente e lugares novos. Esto provocou o auxe das viaxes para singles e a proliferación de multitude de páxinas web que organizan diferentes actividades tanto de día como pola noite. É o caso de genteviajera.com, unha empresa que realiza as súas actividades no Parque Nacional que se atopa ás beiras do río Noguera Pallaresa, un dos mellores ríos de Europa para practicar rafting. Entre as actividades diarias que organiza esta empresa atópanse travesías de montaña e rutas de sendeirismo, descenso de barrancos, rafting, hidrospeed e excursións en todoterreos. Pero genteviajera tamén organiza talleres de tarde-noite con bailes de salón, iniciación ó masaxe ou relaxación, así como festas e barbacoas nocturnas. Pero esta non é a única empresa adicada á organización de viaxes para solteiros e incluso xente que aínda tendo parella, prefire organizar as súas vacacións en solitario. Viajes Nuba foi unha das primeiras axencias en preparar paquetes de vacacións específicos para singles. Escalada, viaxes a Sudáfrica ou Groenlandia son algunhas das alternativas que ofrece esta empresa. Solteros de viaje é outra das axencias que ofrece servicios específicos a todo tipo de singles: dende solteiros, a divorciados e separados e solteiros con nenos. Entre os destinos que ofrece, atópanse viaxes a Escandinavia ou Mallorca. ¿Y porquenosolo?, Nones ou Viatges Terrasa son outros tres exemplos de empresas que organizan actividades concretas para este tipo de público. Un público moi específico que, segundo coinciden en sinalar os responsables destas axencias, adoitan ter experiencia na realización de viaxes independentes e saben o que queren, non se conforman con destinos convencionais e non dubidan en esixir os seus dereitos. Este feito, levou ás axencias de viaxes a buscar ofertas cada vez máis interesantes e innovadoras e ofrecer ós viaxeiros unha serie de vantaxes, como a posibilidade de compartir aloxamento ou desprazamento, o que permite abaratar costes. Para beneficiarse destas condicións é necesario comunicar á axencia o interese por compartir habitación ou medio de transporte con outras persoas. A propia empresa, moitas veces mediante fichas personais, encárganse de buscar á persoa adecuada, sen importar que en moitos casos sexa do xénero contrario. Entre estas páxinas que permiten porse de acordo para viaxar en grupos atópase compartir.org. O feito de que os singles normalmente teñan un nivel de exixencia e económico superior á media, non só afecta ós destinos, senón que tamén se nota nos precios que poden variar dos 600 ós 4.000 euros en función do destino, as actividades e os días de estancia e, aínda que pareza caro, resulta económico se se ten en conta que viaxar so e pedir unha habitación individual nalgúns hoteis pode costar un 85% do precio dunha habitación dobre. Asi que se es solteiro, gústache á aventura e coñecer xente, aquí podes atopar unha amplia gama de posibilidades para estas vacacións.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 424 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 03 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios




















