| Unha experiencia desmanicomializadora |
|
|
|
| Escrito por Emma | |
| Xoves, 24 de Xullo do 2008 | |
|
<<Buenos Aires es una ciudad desbordada por el nihilismo, una metrópoli de la sinrazón en la que se halla un pequeño reducto de la verdad: el hospital psiquiátrico José T. Borda. En ese pequeño castillo de arena de pobreza y sordidez hace una década se gestó un proyecto auspiciado por un joven psiquiatra que se bautizó como Radio La Colifata. La Colifata es un programa de radio confeccionado por los internos del hospital, un espacio en el que revierten sus febriles pensamientos en creativas piezas musicales, rapsodias “dalinianas” y charlas extremadamente sinceras y dolorosas acerca de la circunstancia y el lugar en el mundo de los locos>> Luis Rueda, laRepúblicaCultural.es . 'Colifato' (tocado, medio tolo, algo perturbado en lunfardo, dialecto porteño), ese foi o nome que, dunha listaxe confeccionada polos internos do Borda, votaron os oíntes para recoñecer a existencia daqueles que foran excluídos socialmente. 17 anos despois das súas primeiras emisións, LT22 Radio La Colifata, a primeira radio do mundo que transmite directamente dende un hospital psiquiátrico, conseguiu moitísimo máis que protagonizar o spot dunha coñecida marca de refrescos.
En primeiro lugar, combater o estigma social da loucura reapropiándose da súa lexítima palabra. En segundo lugar, unha resposta abrumadoramente positiva por parte dos oíntes, un fenómeno social que superou amplamente as fronteiras arxentinas chegando a emitir até na Antártida, e cuxo modelo se extendeu a outros países coma Francia, Italia, Brasil, Uruguai, España, Chile ou Suecia. E en último lugar, trascendendo as ondas, funcionando e medrando: organizando o Primeiro Encontro Mundial de Radios Colifatas; o Primeiro Festival de Cine de Saúde Mental e Dereitos Humanos; inspirando a Manu Chao, a Emir Kusturica, a Coppola; protagonizando unha longametraxe documental; fundando tamén a súa Colifata TV, recibindo decenas de premios e mencións a nivel internacional .... Nós tamén queremos contar a súa historia.
<<Los manicomios son ciudades levantadas a base de hipocresía y represión; intentan ocultar lo que ellas mismas producen, el malestar, la euforia, la desesperación>> Frente de Artistas del Borda <<El hospital neuropsiquiátrico José Tiburcio Borda es uno de los tres hospitales del Estado para enfermos mentales en la ciudad de Buenos Aires, y con un presupuesto para 500 internos viven más de 1.000. A un alto porcentaje de ellos se les ha dado ya el alta médica y podrían irse, pero no tienen a dónde. La mayoría de sus familiares los ha abandonado por ser locos>> Vaya locura de radio, El País.com La Colifata naceu sen apoio institucional, sen medios técnicos nin económicos. En 1991 o mozo Alfredo Oliveira, un estudante de psicoloxía que traballaba coma voluntario no Hospital Neuropsiquiático José T. Borda de Bos Aires, coñeceu a un locutor da radio comunitaria FM SOS de San Andrés, quen o convidou a falar no seu programa sobre a súa experiencia no centro e sobre a loucura. Oliveira pensou naquel momento que ninguén mellor para falar da loucura que aqueles que a sufrían, e coa axuda dun gravador recolleu os seus testemuños para o espazo radiofónico. Pouco despois, as intervencións dos pacientes do Borda, cronistas da deshumanización que os manicomios e a sociedade xeran, convertéronse nunha sección fixa da radio comunitaria de San Andrés que se emitía todos os mércores. ![]() A excelente repercusión animou a este mozo a editar cortes de dous minutos para as distintas emisoras nacionais, e en moi pouco tempo os pacientes comezaron a chegar a unha audiencia de case doce millóns de oíntes. A continuación, unha emisora dooulles un equipo e empezaron a emitir en directo todos os sábados, durante cinco horas, dende un dos xardíns do hospital. Na actualidade, arredor de 650 internos e ex-internos participan nunha iniciativa que logrou promover as altas anuais nun 35% e nun 0% as reinsercións. Amais, máis de 50 emisoras de Arxentina, Uruguai e México emiten microprogramas de tres ou catro minutos, e practicamente todos os psiquiátricos públicos e privados recoñeceron a eficacia desta ferramenta terapéutica poñendo en marcha talleres de radio, algo impensable hai vinte anos e consecuencia do proxecto pioneiro de La Colifata. No se trata de hacer apología de la locura, advirte Alfredo Oliveira, senón dunha resposta creativa diante dun estado de necesidade e de carencia, un proyecto político, ético y estético: político, porque reclama a transformación das institucións de saúde mental (nuestro compromiso es con la Desmanicomialización y no con la deshospitalización); ético porque xera un espazo de 'rescate', porque abre un espazo de recoñecemento á dignidade das persoas con doenzas mentais; e estético porque se trata dun acto creativo onde a materia prima é a dor convertida en metáfora, non en negación, banalización ou morbo. O proxecto non conta con ningún tipo de orzamento, e sobrevive grazas ás doazóns, materiais ou monetarias, de oíntes, amizades, xornalistas ou diversos colectivos. Entre eles, o músico e produtor franco-español Manu Chao, que confesou en máis dunha ocasión os seu frechazo polos colifatas, e que apadriñou fóra da industria a edición do disco Siempre fui loco a beneficio desta peculiar radio. No álbum mestúrase a música de artistas urbanos da Rambla de Barcelona -na súa maioría inmigrantes indocumentados- con fragmentos do programa de radio. Tamén para La Radiolina, o seu cuarto disco solista, Manú Chao liberou na rede o videoclip do primeiro single, Rainin in Paradize, filmado e dirixido por Emir Kusturica coa participación como extras de tres pacientes do hospital Borda. <<La gente dice que cuando un actor se sube al escenario, se pone la careta, para nosotros es al revés, nos colacamos la careta en la calle, cuando subimos al escenario nos quitamos la careta>> Frente de Artistas del Borda O gran Francis Ford Coppola, que coñecera Radio La Colifata a través dunha nota dun xornal, fixo a súa primeira visita ao hospital en xuño do ano pasado, onde foi nomeado 'Colifato ilustre' e adiantou que para a súa próxima película, gravada este ano en Bos Aires, un dos personaxes será un paciente do psiquiátrico José T. Borda. No pasado Festival Internacional de Cine de Gijón, pola súa banda, o director arxentino Carlos Larrondo presentou o seu documental LT22 Radio La Colifata, 'una patada en el trasero a las políticas psiquiátricas vigentes', que amosa o efecto terapéutico que a radio ten nos internos deste centro, e que reflicte cómo La Colifata transformou os conceptos que a sociedade ten da loucura e dos que padecen enfermidades mentais. A cinta remata co concerto realizado por Manu Chao no estadio All Boys de Bos Aires xunto a varios dos internos diante de 16.000 persoas.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 116 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 24 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

















0 comentarios





















