Nx é Best Of Joomla
close
Ultimo mensaxe fai: 12 h, 17 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Ponte ao día PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Mércores, 24 de Setembro do 2008
 
Seguro que máis dunha vez pensaches en apuntarte a algún curso para ampliar a túa formación ou para estar ao tanto das técnicas e das tecnoloxías máis avanzadas. Xa sabes que cada día estas innovacións cobran maior importancia no ámbito empresarial e profesional, por iso para construir un futuro laboral sólido, para non quedar 'out', é fundamental unha aprendizaxe continua, ou (como agora se di) 'competitiva'.

Para iniciarte, para profundizar ou sinxelamente para actualizar os teus coñecementos e capacidades neste eido, contas cun importante aliado, a Área de Novas Tecnoloxías da Fundación Caixanova, que vén de abrir este luns 22 de setembro o prazo de inscrición para asistir aos Cursos Multimedia que se van impartir no Centro Social Caixanova de Vigo e máis no Centro Social Caixanova de Pontevedra nos meses de outubro, novembro e decembro. A matrícula pódese realizar en calquera sucursal da entidade financieira, onde ademais todos os interesados e interesadas atoparedes follas explicativas e máis o correspondente boletín de inscrición.

Se queres poñerte ao día, isto interésache.
 
Image 
 
O plan de formación que ofrece a Área de Novas Tecnoloxías está deseñado a partir das solucións que achegaron outros proxectos de Caixanova, e sobre todo das continuas innovacións que se producen no mercado das novas tecnoloxías. Os cursos poden ser Xenéricos -enfocados á formación nunha técnica ou tecnoloxía determinada cunha visión xeral da súa utilización, dirixidos a un amplo abano de destinatarios, e cunha duración de entre 20 e 80 horas- ou Específicos -dirixidos a profundizar, puntualizar ou actualizarse en determinadas técnicas ou tecnoloxías, derivadas dos cursos xenéricos, destinados a profesionais e cunha duración de entre 10 e 20 horas).

Nesta ocasión, o programa inclúe cursos de fotografía dixital, programación web en PHP, creación de páxinas web en dreamwever, creación de páxinas web en flash, creación de DVD's  e edición básica de vídeo. Todas as actividades contarán con docentes de gran valía no ámbito profesional, isto é, con coñecementos moi elevados na materia que van a impartir.

Breve Descrición dos cursos
 
Image CURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL (10 horas) - Nocións básicas do proceso de captura dunha imaxe empregando unha cámara dixital, así como o seu posterior tratamento e almacenamento.

Image CURSO DE RETOQUE DIXITAL (10 horas) - Introdución ás técnicas básicas do proceso de edición e manipulación de imaxes dixitais, a súa optimización e o seu almacenamento.

Image CURSO DE RETOQUE DIXITAL AVANZADO (20 horas) - Curso básico onde se estudarán as ferramentas más empregadas no retoque fotográfico e as súas opcións. Traballarase con capas, máscaras e canles. Optimización de imaxes para distintos usos e aplicacións.

Image CURSO DE CREACIÓN DE WEBS (10 horas) - Curso práctico coa finalidade de orientar no desenvolvemento dunha páxina web propia, un sitio web de construción doada empregando un entorno gráfico sinxelo.

Image CURSO DE PROGRAMACIÓN WEB PHP (10 horas) - Nocións básicas de creación de páxinas webs dinámicas, empregando linguaxe PHP. Unha introdución á linguaxe de programación web máis popular a través de exercicios prácticos e sinxelos.

Image CURSO DE CREACIÓN WEB AVANZADA (20 horas) - Técnicas que nos permitirán dotar de maior interactividade ás nosas páxinas. Un método práctico para desenvolver o noso sitio web de alta calidade, empregando un editor sinxelo (Dreamwever).

Image CURSO DE EDICIÓN DE VÍDEO (10 horas)- Introdución ás técnicas básicas da edición e montaxe dixital de películas de vid. Creación de vídeos personalizados, partindo de secuencias independentes.

Image CURSO DE CREACIÓN DE DVD (10 horas) - Organización de películas nun dvd. Creación de menús, botóns interactivos e navegación contextual.

Image CURSO DE ANIMACIÓN WEB (10 horas) - Introdución ás técnicas básicas de animación na web, empregando as ferramentas Flash, un método sinxelo para revitalizar as nosas páxinas webs con pequenas animacións.   

 
A continuación, deixámosche o calendario de Cursos en Vigo e Pontevedra, e máis abaixo tes os enlaces ás follas explicativas con toda a información (datas, horarios, requisitos do alumno, temario e prezos).

Image Calendario de cursos - Vigo:

OUTUBRO
6 ao 10 Outubro FOTOGRAFÍA DIXITAL  
6 ao 10 Outubro CREACIÓN PÁXINAS WEB   
13 ao 17 Outubro RETOQUE FOTOGRAFÍA
13 ao 17 Outubro CREACIÓN PÁXINAS EN FLASH  
20 ao 24 Outubro EDICIÓN DE VÍDEO   
20 ao 31 Outubro RETOQUE  FOTOGRAFÍA  AVANZADO  
27 ao 31 Outubro CREACIÓN DE DVD's   

NOVEMBRO
3 ao 7 Novembro FOTOGRAFÍA DIXITAL   
3 ao 14 Novembro CREACIÓN DE WEBS AVANZADAS   
10 ao 14 Novembro RETOQUE FOTOGRAFÍA    
17 ao 21 Novembro EDICIÓN DE VÍDEO   
17 ao 28 Novembro RETOQUE  FOTOGRAFÍA  AVANZADO   
24 ao 28 Novembro CREACIÓN DE DVD's

DECEMBRO
1 ao 5 Decembro FOTOGRAFÍA DIXITAL   
1 ao 5 Decembro EDICIÓN DE VÍDEO    
15 ao 19 Decembro FOTOGRAFÍA DIXITAL   
15 ao 19 Decembro PROGRAMACIÓN WEB PHP    
    
 
Image Calendario de cursos - Pontevedra
 
 
OUTUBRO
6 ao 10 Outubro FOTOGRAFÍA DIXITAL    
13 ao 17 Outubro RETOQUE FOTOGRAFÍA    
20 ao 31 Outubro RETOQUE FOTOGRAFÍA AVANZADO
    
NOVEMBRO
3 ao 7 Novembro EDICIÓN DE VÍDEO
10 ao 14 Novembro FOTOGRAFÍA DIXITAL
17 ao 21 Novembro CREACIÓN DE DVD's
24 ao 28 Novembro FOTOGRAFÍA DIXITAL

DECEMBRO
1 ao 5 Decembro RETOQUE FOTOGRAFÍA
15 ao 19 Decembro EDICIÓN DE VÍDEO
 
 
 
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Mércores, 24 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña