| O que se xogan os Xogos |
|
|
|
| Escrito por Emma | |
| Xoves, 07 de Agosto do 2008 | |
|
<<El juego de palabras con los Juegos Olímpicos no puede ser más atinado, ahora que todos los gobiernos democráticos del mundo acuden sin reparos a la llamada de Pekín alegando que con las cosas de comer no se juega. Y China, quinta potencia mundial -por el momento- es un mercado demasiado apetecible como para andarse con quisicosas de derechos humanos, censura, libertad, ejecuciones y demás minucias. Se mira para otro lado y ya está>>Ánxel Vence
<<O obxectivo do Olimpismo é pór sempre o deporte ao servizo do desenvolvemento harmónico do home, co fin de favorecer o establecemento dunha sociedade pacífica e comprometida co mantemento da dignidade humana>> Carta Olímpica. Principios fundamentais do Olimpismo Remata a conta atrás. Na véspera da inauguración oficial dos Xogos Olímpicos 2008, a cita deportiva máis relevante do mundo enfróntase cara a cara co seu propio espírito e cos seus valores ante a incertidume de se as Olimpíadas de Beijing deixarán un legado positivo no campo dos dereitos humanos. Nos últimos meses tense falado moito de 'boicot' aos XX OO, por unha banda, e dos intereses económicos, pola outra, que finalmente teñen levado a pasar por alto, tanto ao COI coma aos dirixentes internacionais, os incumprimentos de China con respecto aos compromisos adquiridos cando se lle concedeu a organización dos mesmos.
Os verdadeiros protagonistas, os deportistas, tamén tomaron parte neste debate. Están obrigados a acudir ás competicións pero non á cerimonia de inauguración, e xa se deron os primeiros casos de deportistas que non van desfilar. Varios atletas de diversas nacionalidades xestaron ou participaron en iniciativas de protesta. Un exemplo son os deportistas franceses, que proporon levar a Pequín camisolas co eslogan 'Por un mundo mellor', algo que finalmente lles foi prohibido. En España, algúns deportistas colaboraron nun vídeo de denuncia difundido por Amnistía Internacional, cuxa versión galega -protagonizada por ciclistas coma Óscar Pereiro, Carlos Castaño e Álvaro Pino ou polo futbolista Roberto Lago, entre outros- foi presentada a semana pasada en Vigo. Mentres o Comité Olímpico Internacional (COI) aprobou unha solicitude pola que se autoriza aos deportistas a manifestar as súas opinións persoais durante as competicións, o 2 de xuño de 2008 o Comité Organizador de Pequín para os Xogos Olímpicos (BOCOG) publicou unhas directrices que entran en clara contradición con ese recoñecemento á liberdade de expresión, prohibindo cometer actos de 'subversión' e outras actividades que se considere que 'poñen en perigo o interese nacional ou prexudican a política, a economía, a cultura ou a moralidade de China'. ![]() Os líderes de todo o mundo posicionáronse a favor ou en contra. Angela Merkel, Gordon Brown ou o Príncipe Carlos, herdeiro da coroa británica, anunciaron que no asistirán. George W. Bush si viaxará a Pequín, a pesar de que tanto Barack Obama coma Jonh McCain se manifestaron en contra, e Nicolas Sarkozy, un dos políticos máis críticos co rexime chinés, anunciou recentemente que ao final asistirá á cerimonia. Mentres, o Ministro de Exteriores Miguel Ángel Moratinos declarou que 'España está en contra do boicot'; el e máis os Príncipes de Asturias estarán presentes mañá na inauguración. En marzo de 2004, as autoridades chinesas enmendaron a Constitución para incluir a cláusula seguinte: 'O Estado respecta e protexe os dereitos humanos'. Amnistía Internacional avaliou a actuación de China en catro áreas relacionadas cos valores básicos das Olimpíadas: a persecución dos activistas pro dereitos humanos, a detención sen xuízo, a censura e a pena de morte. As principais conclusións do informe son: - As autoridades chinesas continúan recorrendo a sistemas abusivos de detención contra diversos 'delincuentes', incluidos persoas que organizan e asinan peticións pacificamente e activistas dos dereitos humanos. A policía goza de plena autoridade para impor tales castigos sen cargos, xuízo nin revisión xudicial. Ademais, as autoridades utilizaron a celebración das Olimpíadas coma pretexto para ampliar o emprego destas detencións, en particular a 'reeducación polo traballo' e a 'rehabilitación forzosa de drogodependentes'. - Moitas persoas que defenden os dereitos humanos seguen sendo detidas, procesadas e encarceradas coma presos de conciencia despois de xuízos por motivos políticos, mentres que outras están recluídas baixo 'arresto domiciliario'. - Persiste a preocupación de que as autoridades poidan tentar bloquear a emisión de todo aquelo que se considere delicado ou inapropiado durante os Xogos Olímpicos. A pesar da introdución de novas normas sobre os medios de comunicación que acrecentan a liberdade dos xornalistas estranxeiros para cubrir novas en China, xornalistas estranxeiros seguen denunciando obstrucións e atrancos para levar a cabo entrevistas, namentres que os xornalistas chineses seguen traballando nun clima de censura e control oficiais. Os controis sobre Internet convertéronse en máis estritos conforme se achegaban os Xogos Olímpicos, e o control, a regulación e a censura estendeuse a diversas categorías de usuarios. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 209 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 07 de Agosto do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios




















