Lidera o teu futuro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 de Xuño do 2008

A ampla implantación do software libre nas empresas, derivada da necesidade de gañar en capacidade tecnolóxica e reducir gastos, creou unha elevada demanda de formación nesta área. En concreto,  o sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) busca profesionais altamente cualificados neste ámbito.

O software libre atrae a atención de empresas e administracións públicas de todo o mundo. Países coma Brasil, México, Alemaña ou China fomentan o seu uso e desenvolvemento, e moitas grandes compañías tecnolóxicas coma IBM, Apple, SUN Microsystems e Netscape, dan apoio ao movemento de software libre e de código abierto, tanto liberando algúns dos seus produtos estrela, coma Mozilla e OpenOffice , como participando no desenvolvemento de programas coma Eclipse e MacOS X, entre outros.
 
A Fundación Caixanova, a través da súa Área de Novas Tecnoloxías, ofréceche a resposta axeitada para liderar este panorama: o Máster sobre Software Libre que porá en marcha para o vindeiro curso 2008-2009, una iniciativa pioneira en Vigo que xa obtivo un gran éxito de convocatoria na súa edición da Coruña. Ademais, estará avaliado polo equipo docente da Universidade Rei Juan Carlos e por Igalia, dous prestixiosos referentes que aseguran unha perspectiva tanto académica coma empresarial de calidade. O profesional que curse o programa estará capacitado para traballar en grandes empresas do sector TIC e liderar proxectos de liberación, desenvolvemento e publicación de software libre.

 
Image 
 
A Universidade Rei Juan Carlos é a Universidade pública máis moderna da Comunidade de Madrid. Creada en 1.996, leva a cabo o seu proxecto cun talante innovador, impartindo unha ensino de calidade destinado a que os seus alumnos enfronten con éxito os retos deste século, o que a converteu en berce da investigación e a tecnoloxía. En concreto, o grupo de investigación GSyC/Libresoft é todo un referente na comunidade investigadora de Software Libre pola súa participación en varios proxectos de I+D europeos.

Igalia
, pola súa banda, é un modelo de negocio baseado no Software Libre, o que lle supuxo unha posición de relevancia na comunidade GNOME vencellada a dispositivos móbiles, así como outras empresas do sector. Comprometida en potenciar o Software Libre como un novo xeito de entender o avance tecnolóxico, caracterizouse por priorizar o desenvolvemento, o emprego e a dignidade profesional creando un excelente ambiente de traballo. Tamén por fomentar a compartición de ideas entre os membros da empresa e por combinar os seus obxectivos con obxectivos sociais.
 
Image
 
O Máster en Software Libre ten a duración dun curso académico e impartirase os venres e sábados no Centro Social Caixanova de Vigo. Está dirixido a Enxeñeiros Superiores e Enxeñeiros Técnicos  da rama de Telecomunicacións, Informática ou Industrial, así coma a outras Titulacións Superiores. A súa metodoloxía basease na combinación de clases teóricas e prácticas; a solicitude de traballos de profundización sobre as diferentes materias; un proxecto de Fin de Máster, de carácter práctico, dirixido por un titor ou director de proxecto; a participación en xornadas e conferencias; e as prácticas en colaboración con empresas do sector.

Para posibilitar a correcta impartición de todos estes cursos, a Área de Novas Tecnoloxías de Caixanova conta coas ferramentas máis avanzadas, tanto a nivel de hardware como de software: dispón de aulas con un equipamento de 20 ordenadores de última xeración, un ordenador para cada alumno, e as aulas contan tanto cunha rede convencional, con saída a Internet de alta velocidade, como cunha rede inalámbrica (Wireless).
 
Image

Se non queres deixar pasar esta oportunidade, apura e apunta: existen dous prazos de inscrición, un Prazo Ordinario (até o 4 de xullo) e un Prazo Extraordinario (até o 26 de setembro). Os impresos de solicitude de admisión pódense descargar dende a web de Caixanova e entregaranse á Fundación Caixanova a través de calquera das súas sucursais ou mediante correo convencional unha vez formalizados e acompañados da información que se solicite neles. A aceptación da solicitude comunícase ao interesado nunha carta de admisión. A formalización da matrícula realizarase até o 10 de outubro, e os impresos tamén se poderán descargar dende a web de Caixanova.

O Master en Software Libre ten un custo total de 6.200 euros por asistente. O custo diferencial da formación, estimada en 7.600 euros, asumirao Caixanova, en virtude do compromiso co desenvolvemento tecnolóxico e co progreso educativo de Galicia que distinguiu tradicionalmente a esta entidade financieira. Ademais, Caixanova ofrece a todos os alumnos interesados en cursar este Master a posibilidade de obter unha financiación preferencial a través dun Credinova Master,que cobre a práctica totalidade do importe do programa.

Na web de Caixanova podes atopar toda a información relativa aos aspectos académicos e específicos sobre o Máster, así como información adicional sobre as axudas á financiación do mesmo.
 
Image 
 
Pero o pasado 22 de maio, Caixanova abría tamén o prazo de inscrición para asistir aos Cursos Multimedia Junior organizados pola Área de Novas Tecnoloxías, cuxo obxectivo é ofrecer asesoramento e información sobre as técnicas e tecnoloxías máis avanzadas, cubrindo así as necesidades que se estimen no ámbito empresarial e profesional galego. O programa, dirixido a alumnos de 10 a 14 anos, inclúe Cursos de Fotografía dixital básica, Retoque dixital básico e Edición básica de vídeo. Todos eles vanse desenvolver no Centro Social Caixanova de Vigodo 30 de xuño ao 4 de xullo e do 7 de xullo ao 11 de xullo, un total de 10 horas por curso en horario de 10:00 hs. a 12.00 hs.
 
O custo de cada curso é de 45 €, e todas as actividades contarán con docentes de gran valía no ámbito profesional, con coñecementos moi elevados na materia a impartir
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 26 de Xuño do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado