NX
Unha experiencia desmanicomializadora PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Xoves, 24 de Xullo do 2008
 
<<Buenos Aires es una ciudad desbordada por el nihilismo, una metrópoli de la sinrazón en la que se halla un pequeño reducto de la verdad: el hospital psiquiátrico José T. Borda. En ese pequeño castillo de arena de pobreza y sordidez hace una década se gestó un proyecto auspiciado por un joven psiquiatra que se bautizó como Radio La Colifata. La Colifata es un programa de radio confeccionado por los internos del hospital, un espacio en el que revierten sus febriles pensamientos en creativas piezas musicales, rapsodias “dalinianas” y charlas extremadamente sinceras y dolorosas acerca de la circunstancia y el lugar en el mundo de los locos>> Luis Rueda, laRepúblicaCultural.es .
 
'Colifato' (tocado, medio tolo, algo perturbado en lunfardo, dialecto porteño), ese foi o nome que, dunha listaxe confeccionada polos internos do Borda, votaron os oíntes para recoñecer a existencia daqueles que foran excluídos socialmente. 17 anos despois das súas primeiras emisións, LT22 Radio La Colifata, a primeira radio do mundo que transmite directamente dende un hospital psiquiátrico, conseguiu moitísimo máis que protagonizar o spot dunha coñecida marca de refrescos.

En primeiro lugar, combater o estigma social da loucura reapropiándose da súa lexítima palabra. En segundo lugar, unha resposta abrumadoramente positiva por parte dos oíntes, un fenómeno social que superou amplamente as fronteiras arxentinas chegando a emitir até na Antártida, e cuxo modelo se extendeu a outros países coma Francia, Italia, Brasil, Uruguai, España, Chile ou Suecia. E en último lugar, trascendendo as ondas, funcionando e medrando: organizando o Primeiro Encontro Mundial de Radios Colifatas; o Primeiro Festival de Cine de Saúde Mental e Dereitos Humanos; inspirando a Manu Chao, a Emir Kusturica, a Coppola; protagonizando unha longametraxe documental; fundando tamén a súa Colifata TV, recibindo decenas de premios e mencións a nivel internacional .... Nós tamén queremos contar a súa historia.
 

NX | Vídeo Destacado