Nx é Best Of Joomla
close
Ultimo mensaxe fai: 12 h, 3 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Eternos principiantes PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Xoves, 04 de Setembro do 2008
 
Andy, un empregado duns grandes almacéns de corenta anos, vive coma se fose un adolescente. Non ten coche, casa propia, nin vida social... Os seus hobbies son o coleccionismo, os videoxogos e internet. Cando os seus compañeiros de traballo se enteran de que nunca  tivo relacións sexuais con mulleres, deciden 'axudalo' para que deixe de ser virxe. Pero Andy non se amosa desesperado, senón máis ben resignado e acepta a súa vida tal e como é ...

Isto só é o argumento dunha película, Virxe aos corenta (Judd Apatow, 2005), pero o personaxe encarnado por Steve Carell representa para algúns, moitos máis do que imaxinarías, alguén con quen identificarse. E é que o filme, máis alá de relatar as divertidas peripecias de Andy para 'desfacerse' da súa incómoda e involuntaria abstinencia sexual, achega tamén o tema da virxinidade a unha idade xa madura así coma os 'tabús'  e os estereotipos que rixen a nosa conduta, é dicir, a presión social que ridiculiza ao 'diferente' e o converte nun 'bicho raro'.
 

 
Por diferentes circunstancias vitais hai homes e mulleres que seguen sendo virxes moito despois dos 20, dos 30 e até, como o noso Andy, dos 40 anos. Nunha sociedade que dá tanta importancia ao sexo como a actual e onde os medios difunden a miúdo a media de idade na que os adolescentes se inician sexualmente, 'sobreviven' lonxe da opinión pública persoas que involuntariamente non atopan parella e nunca tiveron unha relación sexual. Non existen cifras, porque ou se avergoñan demasiado, ou son ignorados polos estudos científicos: viven a súa virxinidade como un aténtico estigma social. Sen embargo, en Alemaña empezaron a xuntarse en grupos de autoaxuda denominados Absolute Beginners (ABs) para intercambiar as súas experiencias ou, mellor dito, a súa falta de experiencias.
 
 Image

Collen o seu nome do tema Absolute Beginners de David Bowie, inspirados por unha letra que di cousas coma 'I’ve nothing much to offer, There’s nothing much to take, I’m an absolute beginner' (Non teño moito que ofrecer, Non hai moito que encontrar, Son un principiante absoluto) e xúntanse ou comparten as súas vivencias en foros e wikis. Os grupos de autoaxuda, que comezan polo recoñecemento (ola, sn fulanit@, e son virxe), serven para prestarse apoio mútuo e para animarse a adoptar unha actitude máis activa, ben sexa mediante anuncios no xornal, chats, agrupacións de solteiros, ou sinxelamente desterrando o derrotismo, a pasividade e o vitimismo das súas vidas.
 
Coñecido o fenómeno, comezaron a publicarse datos, cifras que indican que un terzo dos xoves alemáns de 18 anos son virxes. Ademais, estímase que un 10% dos estudantes masculinos aínda non se iniciaron sexualmente ao rematar os seus estudos universitarios, aínda que, de todos xeitos e por razóns obvias, sospéitase que estas porcentaxes son maiores.  A causa de tanta 'abstinencia involuntaria' parece ser unha timidez crónica severa que representa un auténtico problema para estas persoas, pois na súa maioría os 'afectados' sofren e son infelices por esta circunstancia.
 
 
Esta timidez crónica xa fora descrita e estudada polo psicólogo norteamericano Brian G. Gilmartin como unha patoloxía que denominou Love-shyness (timidez amorosa). Segundo a súa definición, publicada en Timidez e Amor: Causas, Consecuencias e Tratamentos (Shyness & Love: Causes, Consequences and Treatments, 1987), a xente con timidez amorosa encontra case imposible desenvolverse con normalidade en situacións informais que involucren compañeiros potencialmente románticos ou sexuais. Este libro foi reeditado en 1989 e traducido a diversas linguas, e o propio Gilmartin ten contado que ao longo dos anos recibiu cartas e correos electrónicos de todo o mundo.

Segundo Gilmartin, xente de todas as idades, de todas as orientacións sexuais, tanto homes coma mulleres, poden padecer Love-shyness. Sen embargo, na súa opinión, os efectos negativos da timidez amorosa maniféstanse case exclusivamente en homes heterosexuais, e  empregou sete criterios para identificalos: home; virxe; apenas se relaciona con mulleres; carece de experiencias emocionais íntimas de natureza romántica ou sexual con membros do sexo oposto;  sofreu ou segue a sofrer emocionalmente pola falta de compaña feminina significativa e desexa desesperadamente ter unha relación cunha muller aínda que a súa timidez llo impide; séntese extremadamente acongoxado diante da remota posibilidade de atoparse cara a cara cunha muller de maneira amistosa; e trátase dun home que é estrictamente heterosexual nas súas relacións románticas e eróticas, de ningún xeito é homosexual.
 
Image 
 
Os homes con timidez amorosa estudados por Gilmartin contaban con diferenzas significativas no temperamento respecto aos homes non tímidos: tiñan un carácter melancólico. Ademais, a maioría destes homes recoñeceron ter sufrido bullying por nenos da sua mesma idade e ter sido acosados mesmo no instituto. Tamén encontrou que estes homes eran moito máis dados a pensar que ninguén se preocupaba por eles, era máis probable que tivesen dificultades concentrándose e amosaban frecuentes síntomas de depresión. Por último, caracterizábanse por ter pais sobreprotectores ou autoritarios, é dicir, a súa intimidade fora invadida a miúdo.

A pesar de que case todos estos homes maiores con timidez amorosa completaran a educación superior, os seus soldos encontrábanse moi por debaixo da media americana. Estaban infraempregados e por mor das súas inhibicións sociais e sexuais, e polo tanto dunha rede social limitada, a súa situación financieira adoitaba ser menos afortunada. Mentres moitos deles foran estudantes excelentes, os efectos da súa timidez tiveran un efecto negativo nas súas vidas e alonxaran as oportunidades das súas carreiras do mesmo xeito que impediran as súas experiencias amorosas.  

A timidez amorosa non está recoñecida como desorde mental pola Organización Mundial da Saúde, aínda que comparte algunhas características con desordes mentais comunmente recoñecidos e desencadea sentimientos de soidade ou marxinación social.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 04 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña