Nx é Best Of Joomla
close
Ultimo mensaxe fai: 13 h, 56 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
A valentía dunha muller PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Iria   
Xoves, 10 de Xullo do 2008
"Siento mi vida secuestrada. Es tremendo ir por la vida con tres federales que están pegados a ti todo el tiempo, sin poder hacer una llamada telefónica sin que se enteren de lo que está hablando, sin tener un sólo espacio tuyo"Lidia Cacho. Vivir con medo á morte por exercer o seu dereito á Liberdade de Expresión é algo ó que se enfronta cada día esta xornalista mexicana dende que en 2005 denunciara unha ampla red de pornografía infatil e branqueo de dileiro no seu país. Demandas xudiciais, unha detención ilegal ordenada por altos cargos e un atentado fallido é o que tivo que soportar esta muller que recibiu, entre outros, o Premio Internacional  Yo, Dona á labor humanitaria. Chacho, ademais, promove en Ciudad Juárez unha plataforma contra os feminicidios e é directora do Centro de Acollida de Mulleres maltratadas de Cancún, así como autora dos libros Los demonios del Edén e Memorias de una infamia, no que relata o calvario polo que tivo que pasar.
 
Image 
 
A vida de Lidia Cacho deu un xiro cando en 2005 destapou no seu libro  Los demonios del Edén o caso de Jean Succar Kuri, un libanés afincado en Mexico que fixo bos negocios como testaferro en Acapulco e hoteleiro en Cancún. Pero este home era algo máis. Era un pederasta que durante case dúas décadas adicouse a explotar sexualmente a nenas e nenos. A primeira en denuncialo foi a xove Edith Escalada, violada polo empresario libanés dende os trece anos. Coa axuda da Fiscalía do Estado de Quintana Roo, a xove tendeu unha trampa a Succar que serviu para demostrar os cargos dos que se lle acusaba. Cando a información veu a luz, o pederasta fuxiu, mentres que as nenas se refuxiaron no Centro Integral de Atención a la Mujer en Cancún, fundado por Lidia Cacho.
 
Image
 
Pouco tempo despois, Succar Kuri foi detido en Arizona, pero os seus importantes amigos da política prepararon as represalias contra a xornalista mexicana, quen en decembro de 2005 foi detida, acusada de difamación, por orde do gobernador do Estado de Puebla, Mario Martín. Un grupo de dez policías detivo sen orde xudicial á xornalista, no que se denominou un "secuestro legal". A detención durou 26 horas. Foi a presión dos medios de comunicación mexicanos a que fixo cambiar de opinión ós secuestradores. Gracias a unhas conversas gravadas entre Martín e o seu amigo, o empresario Kamel Nacif, puídose  descubrir que fora a cabeza pensante do plan para acabar con Cacho.
 
A raíz destas gravacións, a xornalista presentou unha demanda contra o gobernador do Estado de Puebla e contra o empresario por tentativa de violación no cárcere e intento de homicidio nun atentado ó seu coche. Polo momento, a causa está paralizada e  Lidia Cacho vive recluida. Aínda así, segue denunciando a situación que as mulleres viven en Mexico e por iso creou á plataforma contra feminicidios en Ciudad Juárez
 
 
Esta poboación, situada no México fronteirizo a uns metros de Texas, arrastra o dramático récord de ser a capital do mundo do feminicidio. Dende 1993, máis de 450 mulleres foron asasinadas e outras 500 seguen desaparecidas. Os casos de centeares de rapazas e xoves que foron violadas e torturadas antes de ser asasinadas seguen sen resolver, debido a expedientes incompletos e procesos xudiciais incertos, mentres que os culpables continúan en liberdade, en moitos casos traficando con drogas e., o que é peor, con seres humáns, na súa maioría nenas e mulleres."México es la nueva Thailandia, ya que tiene un crecimiento espectacular y monstruoso en materia de prostitución, pornografía y trata de personas con alcances internacionales", segundo afirma a xornalista Carmen Aristegui no prólogo de Memoria de una infamia, de Lidia Cacho.
 
Image 
 
Cacho non é a única xornalista que sufriu atentados contra a súa vida por exercer o dereito fundamental da Liberdade de Expresión. Danny Pearl, xornalista asasinado mentres investigaba as redes de Al Qaeda; Anna Politkovskaya, reporteira contraria ó réximen do presidente ruso Vladimir Putin e decenas de xornalistas e reporteiros morreron ou sufriron torturas e secuestros por tratar de informar ó mundo das inxustizas sociais ocurridas en multitude de países e o peor é que en moitos deles, como México, as autoridades non fan nada porque a situación cambie.
 
Se queres máis información sobre Lidia Cacho non te perdas o seu blog.
 
Para máis información sobre Ciudad Juárez deixamosche o enlace ó informe El silencio que la voz de todas quiebra.
 
 
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 10 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña