A moBida PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Mércores, 18 de Xuño do 2008

<<Multitud de presencias virtuales compartidas en la red salen del ciberespacio, se vuelven físicas en un lugar concreto de la ciudad durante un corto tiempo y después vuelven al ciberespacio. Hoy, compartir lo virtual ya es casi mas frecuente que compartir lo físico>> Adolfo Plasencia

Os que se adicaron a rastrexar as súas orixes, sinalaron ao escritor de ciencia ficción Larry Niven coma inventor do termo para aludir ás protestas instantáneas contra o poder nun dos seus relatos breves. Outros téñense referido ao movemento situacionista , liderado por Guy Debord a fins da década dos 60 e ás 'súas accións públicas simples', dirixidas a mudar o sentido do cotiá e as 'certezas básicas da sociedade', como un claro precedente. Hai ademais quen relacionou o fenómeno co traballo de Lokstoff, unha compañía de teatro urbano especializada en intervencións artísticas improvisadas en espazos públicos coma aeroportos ou estacións de tren, metro ou autobús; e outros viron no 'teatro vivo', Living Theater, fundado en 1946 por Julian Beck e Judith Malina como unha comunidade na que os actores vivían baixo presupostos libertarios, un antecedente.

En calquera caso, parece existir un acordo común á hora de remitirse ao libro Multitudes Intelixentes. A Próxima Revolución Social (2002) do escritor e pensador Howard Rheingold, coma fonte de inspiración, e mesmo desencadeante, dos flash mobs. Rheingold, un referente intelectual imprescindible da cultura dixital, predecía neste ensaio que a revolución tecnolóxica da comunicación que iniciou internet, incrementada pola xeralización dos dispositivos móbiles, faría xurdir 'multitudes intelixentes' ou smart mobs, con capacidade para autoorganizarse e emprender accións colectivas.

Así mesmo, parece existir un acordo común en situar o mes de xuño de 2003 coma a orixe destes eventos tal e como os coñecemos hoxe en día. Comenzaron coma espectáculos de carácter lúdico, cunha clara tendencia ao absurdo, e estendéronse de seguido por diversas capitais mundiais. Considérase que a primeira 'multitude instantánea' que tivo éxito, aínda que existiron outras previas, realizouse o 17 de xuño en Nova Iorq, no departamento de alfombras (9ª planta) de Macy's; alí, máis de 100 persoas concentráronse arredor dunha alfombra carísima dicindo vivir todos xuntos nun almacén ás aforas da urbe e estar interesados en adquirir 'A Alfombra do Amor'.

Pola súa banda, Roma foi a capital europea que inaugurou esta práctica durante ese mesmo mes de xuño: nesta ocasión unha multitude acudiu a unha frecuentada libraría do centro da cidade para preguntar por libros que endexamais foran editados. Poucas semanas despois outro grupo de persoas entrou nun coñecido centro comercial de Berlín e de súpeto comezaron a repetir ao unísono '¡Si!, ¡Si!, ¡Si!' coma se falasen por un teléfono móbil. Poucos meses despois tivo lugar en Birmingham 'o primeiro flash mob altruista do mundo' cando as persoas que nel participaron se espiron no interior dunha tenda de caridade, mentres cantaban, para acabar doando as prendas que quitaran.
 
Flash Mobs 
 
O termo flash mob emprégase coma unha etiqueta xenérica para designar unha acción inusual, conxunta e coordinada nun espazo público, para a que se evita facer calquera tipo de anuncio mediático -convócase poucos días antes mediante SMS e correo electrónico- e que se desenvolve nuns poucos minutos. Sen embargo, cando a acción está vencellada con ideais políticos ou sociais, coa intención de chamar a atención ou facer reflexionar á opinión pública sobre un problema existente, denomínanse smart mobs. Neste sentido, apuntáronse acontecementos coma o derrocamento do rexime de Joseph Estrada en Filipinas no ano 2000, as manifestacións e mobilizacións fronte á guerra de Irak ou os acontecementos que viviu España o famoso 13 M, todos eles convocados a través de SMS e mail, coma exemplos trascendentes de smart mobs cun marcado carácter intencionado nos seus obxectivos reivindicativos.

Amais, postos a establecer tipoloxías, aínda se podería falar dos absurd mobs, que se centran en invadir a orde social cun xesto absurdo multitudinario. O primeiro absur mob levouse a cabo en 2006 en Barcelona, e consistiu en 25 persoas pateando latas de Coca-Cola nunha céntrica praza; as imaxes derivadas da acción foron remitidas á marca baixo o lema 'a coca cola xa non ten o mesmo gusto'.
 
 
 
Con todo, a natureza espontánea, creativa e impactante destes eventos viuse ameazada dende o principio polos intentos de instrumentalización para a promoción e comunicación de produtos e marcas. Parece que a primeira empresa que utilizou un flash mob coma plataforma publicitaria foi Nokia para lanzar o seu teléfono 6101: contratou a uns actores para finxiren que falaban por este modelo de terminal mentres percorrían as tendas de Gran Vía, en Madrid; estes sincronizábanse en certo momento e dicían en voz alta a mesma palabra, captando a atención de todos. 
 
Precisamente nesta cidade, opera Madrid Mobs, que dende finais de 2004 e a través do grupo de traballo denominado MoBiendo Ideas, realizou decenas de accións na capital, entre elas varias batallas de almofadas e un mobile-clubbing no intercambiador de Moncloa. Afirman, nunha das dúas únicas entrevistas que concederon, que a súa intención é sorprender por contraste, e que a concepción das súas accións é lúdica e apolítica. Tamén insisten na 'forma artística' que xeran estes eventos e son reticentes a argumentar sobre eles porque prefiren deixar libre curso á interpretación e pór en primeiro plano a acción mesma. Non lles interesa 'a diana', senón 'a bala'.
 
Flash Mobs 
 
Agora que remitiu 'o boom' mediático arredor dos flash mobs, e deixaron de ser interpretados coma unha tendencia social efémera e pasaxeira, coma unha moda e mesmo coma unha oportunidade comercial, moitos teñen visto a necesidade de achegarse a estas accións, á súa dinámica e ao seu significado, dun xeito máis crítico e polo tanto máis aberto. Precisamente cando se detectou certo grao de desilusión e devaluación do fenómeno. ¿Trátase dun prometedor movemento mundial, un novo código de organización social, ou foi só un ensaio de carácter errático e incerto?  
Comentarios (3)Add Comment

escrito por marta alvarez, Xuño 19, 2008
Cuando se intenta sistematizar alguna forma se acaba.
El éxito de los nuevos pensamientos reside en comprender las posibilidades que generan las nuevas articulaciones, relaciones, de...lo que sea.
Flash mob: primero desestructuran la manera típica de relacionarse entre las personas, y luego, sin intención de que ninguna funcionalidad ni fin, pulule por medio, se establecen nuevas relaciones que generan algo único. Cada vez diferente. Las relaciones no vienen preconstruidas. Si cada una de las partes de una forma funciona de manera distinta, siempre se crea con ella otra forma.
La organización de los grupos, la propia estructura se debe armar y desarmar continuamente para "generar".
Con los flash mob, volvemos a la prehistoria. Estamos por buen camino.
Muchas tribus estaban esparcidas en partes muy separadas del planeta, pero siempre se encontraba lo mismo: grupos de gente que no habían tenido contacto. De repente, se prohibe el incesto, lo que da lugar a que unas tribus se relacionen con otras. Así se crea un sistema de intercambio entre tribus. Ahí empieza la primera estructura social, que llega hasta hoy y poco o nada a cambiado.

¿Pero qué nuevas formas de relación nacen si se aplican desde lo absurdo? ¿Qué tipo de estructura nace si se le da forma desde el caos?

Los flash mobs tienen la respuesta.












report abuse
Voto negativo
Voto positivo
Votos: +3
al servicio de la pedantería
escrito por alicuecano, Xuño 20, 2008
¿Qué utilidad tiene la pedantería?
Un críptico e interminable reportaje aderezado de un absurdo y pelotero comentario no creo que hagan mucho por difundir lo que quiera de lo que trate el propio reportaje.

Creo que no es necesaria tanta erudicción para hablar concisamente de una cosa, a mi entender, totalmente absurda, pero que seguramente le interese a alguien (que de todo tiene que haber).

Además la foto que encabeza el reportaje no es la más adecuada, ya que puede llevar a confusión a más de uno o una.

De todas formas más reprobable me parecen aquellos autodenominados góticos con todo lo que esa infracultura lleva detrás. Ya que lo único que demuestran, es lo borreguitos que pueden ser algunos con el pastor adecuado, y como la historia no sirve para nada, más que como pañuelo para que algunos se limpien los mocos.
report abuse
Voto negativo
Voto positivo
Votos: -1
so-matices
escrito por estíbaliz..., Xuño 26, 2008
Señorita Alicuecano. Noraboa, en primeiro lugar, por tan fermoso alcume. Non o perda.

Noraboa tamén, e en segundo lugar, por escribir un comentario absurdo que non ten que ver co tema [interesante] do artigo A moBida. Espere un intre... a que vai ser que se trata dun absurdmobcomment?

E noraboa, si, en terceiro lugar, por non saber escribir a palabra erudición correctamente. Iso déixaa a vostede fóra de toda dúbida, non se preocupe: xamais será vostede erudita. E tampouco será comprensible: a última frase fáltalle un til no "cómo" ["cómo la historia no sirve para nada"] e por iso non se entende en absoluto. O cal garántelle a vostede que xamais poderá escribir un artigo claro e comprensible como o que cre vostede [inxenua, vostede] que está criticando.

Para criticar, amiga, un ten que estar como mínimo, á altura do criticado.

O dos góticos a todo isto... é unha manía persecutoria persoal? Tamén fala deles nos comentarios a posts sobre cociña ou política? Fágase mirar iso.

report abuse
Voto negativo
Voto positivo
Votos: +2

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 20 de Xuño do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado