Nx é Best Of Joomla
close
Ultimo mensaxe fai: 37 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
unha gorra firmada por juha kankkunen pode ser túa
A gorra máis rápida do mundo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Micael   
Xoves, 22 de Maio do 2008

Mediante innombrables vericuetos e inconfesables untamientos, os heróicos redactores (e redactoras) de NovaXove (e NovaXova) conseguimos contactar directamente con ¡¡ EL !!., co máis técnico, co máis rápido, co mellor.

Con Juha Kankkunen !!!


E o resultado é que conseguimos para todos os NXeiros de calquera sexo e condición, tres magníficas gorras Caixanova Kankkunen Driving Academy asinadas unha a unha de puño e letra do tetracampeón do mudo de Rallies.

Se es un fan do motor, se es un friki dos autógrafos, se queres quedar ben co teu profe ou xefe, ou se simplemente queres ter algo que só vas ter ti (e outros dous afortunad@s), non o dubides, esta é a túa oportunidade.

Si, imos sortear as 3 únicas gorras que conseguimos, ademais de 3 fotografías de Flying Finn, tamén asinadas da súa propia man, e impresas nunha tirada exclusiva especialmente para a ocasión.

E que tes que facer? Fácil.

1) Ser NX. Se aínda non tes o cartón NX no teu peto, tes un problema: estás perdendo pasta, porque é a única que non che cobrará nin un can de comisión en ningun caixeiro do mundo. Ná de ná. Niet. Pide a tú a aquí

2) Enviar un emilio ao webmaster co teu nome, dirección postal e os 4 últimos números do teu cartón NX

3) Poñerlle unha vela a San Cilindrín da Boa Trazada, que xa sabemos que é o patrón de todos os afeccionados, e moi influinte nestes temas :D

Non o dubides, envianos xa a túa petición para o sorteo, que pecharemos o venres da semana que vén (dia 30 de Maio)

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 22 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña