Pontevedra acollerá unha Mobilización Antitaurina o 9 de agosto PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Xoves, 17 de Xullo do 2008
 
Mobilización Antitaurina
 
A Plataforma Pontevedra Antitaurina vén de convocar na rede unha mobilización para o sábado 9 de agosto co obxecto de erradicar da cidade de Pontevedra as touradas. No seu blog podes ler o manifesto completo, as razóns polas que se opoñen enerxicamente a este tipo de eventos así coma as súas reivindicacións.

Amais, a Plataforma está levando a cabo  diversas actividades como a recollida de sinaturas a pé de rúa, o reparto de trípticos informativos e unhas mini-xornadas antitaurinas que se desenvolverán uns días antes da mobilización.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 17 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >