| Participación galega na Foliada 08 de Barcelona |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Venres, 03 de Outubro do 2008 | |
![]() Hoxe arrinca a cuarta edición da Foliada 08 que se celebra en Barcelona e que este ano contará coa participación das asociacións galegas Aturuxo de Boiro, Palestina de Burela, Millo Verde de Redondela e Lucerna de Cerceda, onde se celebrou a edición do pasado ano. A Foliada 08 reunirá a preto de 150 persoas para amosar e promover as expresións culturais menos coñecidas e difundidas, orixinadas nos entornos máis alternativos. Defensa da lingua, memoria histórica e defensa do territorio son algúns dos eixos que se desenvolverán no encontro. O programa conta cun amplo abano de actividades como conferencias, pases de documentais, mesas redondas, exhibicións de tradicións e costumes, gastronomía e obradoiros de instrumentos populares e tradicionais, circo, títeres ou hip-hop, entre outros. Asi mesmo, tamén haberá actuacións musicais a cargo de Som do Galpom, Proyecto Luisbo ou Festicultores, entre outros. O evento celebrarase ata este domingo, día 5. Podes atopar máis información en xuventude.net.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 101 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















