Os mellores e os peores turistas do mundo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Luns, 21 de Xullo do 2008
 
Image
 
Segundo un estudo publicado pola axencia de viaxes online francesa Expedia, os chineses, os indios e máis os franceses son considerados os peores turistas do mundo por ser maleducados, queixosos e reacios ao local; ademais o estudo destaca especialmente a falta de vontade dos franceses para falar a lingua do país que visitan, así coma o pouco interese dos chineses pola cociña local.

Entre os mellores sobresaen os xaponeses (educados, con boa actitude, discretos e considerados os que menos se queixan) seguidos polos alemáns, os británicos e os canadenses.

O estudo baséase na metodoloxía do cuestionario, neste caso realizado a 4000 empregados de hotel de diferentes países europeos e norteamericanos. O cuestionario preguntaba sobre a actitude xeral dos turistas en función dunha serie de criterios como a súa educación, empatía, xenerosidade, interese polo local, predisposición a gastar, limpeza,  discreción, ou a tendencia a queixarse.

Vía clan-destino
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 21 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >