| Nace HELLOgalicia |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Martes, 29 de Xullo do 2008 | |
![]() Cadrando co 25 de xullo, Día de Galicia, naceu HELLOgalicia - modo de vida galego, un boletín mensual que achega información turística sobre as principais cidades galegas e que quere converterse nun referente neste ámbito. A versión en papel é unha publicación mensual, dunha soa folla , tamaño xornal e de carácter gratuíto que inclúe catro seccións: mercar, comer, durmir e visitar. Pero ademais HELLOgalicia permite a participación dos lectores a través dun blog onde se pode opinar e valorar as propostas e recomendacións do boletín.
Impulsado pola empresa amano comunicación, o boletín distribúese de momento na Coruña, en Vigo e en Santiago de Compostela e ten unha tiraxe inicial de 25.000 exemplares. Segundo a empresa de comunicación galega, que xestiona dende hai cinco anos o boletín semanal electrónico HELLO e máis o programa radiofónico Gente Viajera de Galicia en Onda Cero, a partir dos próximos números iranse engadindo novas cidades aos puntos de distribución, que se complementarán con edicións locais en cada unha delas. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 146 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Martes, 29 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|






















