Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 10 h, 15 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
NX Noticias
Rompendo Regras: Un camiño cara o futuro. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Paco   
Venres, 21 de Novembro do 2008

Image Esta fin de semana témo-la oportunidade de romper coas regras co evento Artec 08/800 Ltd Edition, debuxar en vellos e novos edificios cun lápiz máxico productor de fosforitas verbas ou disfrutar dos concertos de músicas dixitais na Praza de María Pita. O Torneo Dalle ao Mando é outra das actividades tecnolóxicas donde poderás amosar as túas habilidades co  Sonic Adventure, Donkey Kong Country e Mario Kart 64.  Para aqueles que misturen os xogos de antaño como o Lego e lles goste a robótica teñen a oportunidade de participar na First Lego League da cidade de Lugo. Sen esquecer a aqueles que buscan un ocio alternativo ás noites galegas, Ferrol propón unha serie de diferentes actividades para tódalas idades. Se non queres perder ningún destes eventos non deixes de botar unha ollada á Axenda Nx.

21. noviembre

 

22. noviembre

 

23. noviembre

Última actualización ( Venres, 21 de Novembro do 2008 )
 
Campañas de doazón de sangue PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Venres, 21 de Novembro do 2008

 Image

No documento adxunto podes consultar a localización das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia esta semana, así coma a situación das reservas dos principais grupos sanguíneos nos hospitais galegos mediante o semáforo do sangue.

 

doazóns 24-29

 
Xornada sobre o perigo da enerxía nuclear PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Xoves, 20 de Novembro do 2008
Image
 
A Fnac acolle hoxe, a partir das 20:00 horas unha xornada organizada por Greenpeace sobre o perigo da enerxía nuclear. A sesión iniciarase coa proxección da documental Falsas esperanzas, que versa sobre esta problemática e que dará pé a un posterior debate sobre o tema. Este evento é a antesala a unha campaña masiva que se porá en marcha en toda España para trasladar á opinión pública os perigos que conleva a producción da enerxía nuclear.
 
Lugo acolle a competición de robótica First Lego PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Mércores, 19 de Novembro do 2008
Image
 
Lugo acollerá o vindeiro 23 de novembro a competición internacional de robótica para escolares First Lego League, na que participarán 16 equipos chegados de todo o país. Deste campionato sairán os tres gañadores que acudirán á Gran Final España en Barcelona. Nesta edición de First Lego League, o evento versará sobre a conservación do clima, polo que os robots que fabriquen os estudantes debe resolver este desafío.
 
 
Unha web para sacar o carnet de conducir PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redaccion   
Martes, 18 de Novembro do 2008
Image
 
Aqueles que se estén a sacar o carnet de conducir teñen unha nova ferramenta á súa disposición. Trátase dun videoblog que os axudará a reforzar os seus coñecementos sobre o Código de Circulación de cara ó exame teórico. Baixo o nome Carnetonline.es, a web ofrece clases virtuais nas que se explican os temarios do Código. O servicio é de balde.
 
Máis información na web de Carnet Online.
Última actualización ( Martes, 18 de Novembro do 2008 )
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 274

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña