Nx é Best Of Joomla
close
Ultimo mensaxe fai: 10 h, 24 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
Hawking xa está en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Martes, 23 de Setembro do 2008
 
Image
 
O afamado científico Stephen Hawking chegou onte a Santiago de Compostela, onde recibirá o vindeiro sábado o I Premio Fonseca 2008 de divulgación científica. A presenza de Hawking na capital galega está desencadeando un auténtico rebumbio mediático, pois tal e como publicaba onte La Voz de Galicia, o científico británico foi recibido <<como unha 'estrela da ciencia', entre a admiración de universitarios, turistas e peregrinos>>.

Logo de ser recibido tamén polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o experto en física teórica de 66 anos percorreu na súa cadeira de rodas un tramo simbólico do Camiño de Santiago até a Praza do Obradoiro, onde tamén visitou a catedral.

Stephen Hawking reunirase mañá mércores con investigadores da Facultade de Física da USC, o xoves desprazarase até Fisterra e o venres presentará a tradución do seu último libro, La clave secreta del universo. Una maravillosa aventura por el Cosmos, no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Xa o sábado, e logo de recibir o I Premio Fonseca, concedido polo Programa Conciencia que apoian conxuntamente a Universidade e o Consorcio de Santiago, pronunciará unha conferencia titulada 'Saíndo dun buraco negro'.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 23 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña