| Escolle o teu bando ... e únete á loita!! |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Venres, 26 de Setembro do 2008 | |
![]() Oitocentos mozos e mozas participarán esta fin de semana no Castelo de Monterrei na terceira edición de Irmandiños: A Revolta, o xogo de rol en vivo con máis participantes do mundo, tal e como foi recoñecido o ano pasado polo Guinness, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
O programa botará a andar coa chegada dos participantes a Verín, que se asentarán na zona de acampada que a organización dispuxo para a ocasión. O sábado comezará o xogo coas loitas e batallas ao pé do castelo, o domingo á mañá desenvolverase a batalla final na aldea de Mixós e contra as 15:00 hs. da tarde darase por pechada a edición deste ano. Irmandiños: A revolta está escrito e dirixido por 13Negativo e ambientado na Galicia medieval do século XV. Os mozos e mozas participantes tomarán o antigo bastión de Monterrei nunha aventura que os vai converter en protagonistas dunha historia que ten como marco de fondo a Segunda Revolta Irmandiña, ano 1467, cando os labregos se alzaron en armas contra os señores feudais. Os mozos e mozas, ademais de desenvolver o seu potencial creativo e imaxinativo, poderán achegarse á historia de Galicia e a personaxes da época como Roi Xordo, o arcebispo Fonseca, Henrique IV, Pedro Madruga, Diego de Lemos, Alonso de Lanzós ou Pardo de Cela. Os participantes, de entre 18 e 35 anos, pasarán a noite en tendas de campaña e poderán desprazarse até a zona de xogo nos seus vehículos particulares ou en autobuses dispostos pola organización. Tamén haberá un aparcadoiro gratuíto, a disposición dos participantes, nas inmediacións do Castelo de Monterrei. Como novidade este ano organízase un mercado medieval na Praza de García Barbón de Verín con entre vinte e vinte e cinco postos gastronómicos e de artesanía, e con actividades como espectáculos de malabares, música, teatro na rúa e actuacións de charangas. Amais, o sábado ás 18:00 hs. vaise celebrar un Torneo Medieval de Cabaleiros, unha xusta que incluirá actividades de loita con lanza e outros espectáculos. Finalmente, durante o sábado haberá visitas guiadas gratuítas ao Castelo de Monterrei nas que tamén se explicará en que consisten os xogos de rol en vivo, podendo ver ademais actividades que os participantes estean realizando neses momentos. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 94 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 26 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















