| Concertos e actividades para o San Froilán |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Sábado, 27 de Setembro do 2008 | |
![]() As festas máis tradicionais de Lugo, o San Froilán, arrican o 4 de outubro cun amplo programa de actividades e concertos, un dos pratos fortes deste ano e que incluirán todo tipo de estilos musicais. Julieta Venegas, Violadores del Verso, Facto Delafé y las Flores Azules ou El Canto del Loco, son algúns dos artistas que participarán nos 23 concertos que terán lugar. Ademais, ó longo da semana haberá espectáculos na rúa, música tradicional, charangas, espectáculos de maxia e verbenas. Durante o San Froilán tamén se realizarán 21 actividades deportivas, destacando a XXXI edición do Memorial de Atletismo Gregorio P.Rivera, XXXIV Torneo San Froilán de Judo, o XIII Open San Froilán de Billar ou o II Trofeo San Froilán de Tiro con Arco. Ademais, este ano recupérase a velada de boxeo e o torneo de balonmán. Tampouco faltarán nos festexos, como en anos anteriores, o golf, fútbol, tenis, ciclismo, rugbi, piragüismo, birlos ou tenis. O concello de Lugo repartirá 60.000 programas para que ninguén se perda ningún evento. Tamén podes atopar información sobre as festas en www.sanfroilan.info.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 101 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 26 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















