Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 14 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
Caixanova concede as súas Becas Talento PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Venres, 05 de Setembro do 2008
 
MBA, Escola de Negocios Caixanova
 
Caixanova vén de conceder as súas Becas Talento a seis mozos e mozas recén licenciados, cuxo importe total ascende a 150.000 euros. Os demandantes tiveron que pasar por varias probas de selección para demostrar as súas capacidades e aptitudes.

Os seis candidatos que obtiveron unha das Becas Talento Caixanova son: Fernando Castro Domínguez, Damián Escudero de la Fuente, Patricia Fernández Liz, Luis Guillot Gómez, Artur Kurnicki e Eva Losada Barreiro, que cursarán a modalidade a tempo completo do MBA da Escola de Negocios Caixanova, percibirán unha dotación económica mensual e terán a posibilidade de realizar prácticas durante un ano na entidade financieira. Cada unha das becas outorgadas está valorada entre os 21.000 e os 26.000 euros.

O proceso de selección realizouse a través de probas tipo test e de entrevistas, que nalgúns casos tiveron que realizarse a través dunha vídeo-conferencia, xa que uns vinte solicitantes procedían de países coma Reino Unido, Bolivia, Arxentina, México ou Polonia, entre outros.

O obxectivo do programa de Becas Talento Caixanova é facilitar aos mellores estudantes o acceso ao mercado laboral, aportándolles ademais unha formación de calidade. Así, esta iniciativa é un recoñecemento á mocidade que fai do esforzo académico e da superación persoal as bases do seu éxito.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 05 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña