Bandeiras negras en Corrubedo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Xoves, 24 de Xullo do 2008

veleiro Deusa Maat 

O veleiro Deusa Maat, da confederación Ecoloxistas en Acción, atracará en Ribeira para denunciar durante dous días as actuacións que desfán a costa galega e en especial as ameazas sobre o litoral ribeirense e o Complexo Húmido de Corrubedo, un dos puntos negros do litoral galego

A Confederación Ecoloxistas en Acción, a organización ecoloxista galega Verdegaia e mailas organizacións locais Plataforma Medioambiental de Corrubedo e Altofalante presentarán no porto deportivo de Ribeira o Informe Bandeiras Negras 2008, sobre a saúde da costa do Estado español. Neste informe faise especial fincapé nos factores económicos e urbanísticos que están a desencadear unha crise ambiental de fondo calado social.

Os actos comezarán este sábado, 26 de xullo, á mañá cunha rolda de prensa e a visita do veleiro Deusa Maat a diversos puntos negros da costa; a partir das 18:00 horas no porto de Corrubedo, os grupos locais erguerán unha bandeira negra como símbolo da loita contra o plan de acuicultura da Xunta de Galicia, e a organización Ecoloxistas en Acción colocará unha exposición, dará conta dunha proxección audiovisual e organizará diversas actividades para os cativos e cativas. Así mesmo, a organización local Pau da Luz, organizará unha festa popular a partir das 20:00 horas.

Xa o domingo, 27 de xullo, o veleiro Deusa Maat estará aberto ao público que o queira visitar durante o seu amarre no porto deportivo de Ribeira, e desenvolveranse obradoiros educativos para os cativos e cativas así como a colocación dunha exposición sobre o medio mariño.

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 24 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >